Conversa:Cataluña - Catalunya

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Habería que amosar que o estatuto define a Cataluña como unha nación. --Norrin_strange (Talk) 17:26, 30 maio 2007 (UTC)

Falso ó prologo dí que o parlamento de Cataluña "representando" ao pobo catalán definiu a Cataluña como nación, pero onde segue a ser unha nacionalidade histórica. --Anónimo

Revisando o historial de edicións atopei que varios anónimos andiveron a mudar diversas definicións para Cataluña, anónimos que non fixeron outras edición útiles para o wiki. Non entro a valorar se Cataluña é ou non é unha nación, seguindo o mesmo criterio que seguimos con outras mudanzas que pretenden impoñer un punto de vista recupero a última edición feita por un usuario rexistrado con historial de edicións neste proxecto. Esa edición corresponde a Norrin strange e define a Cataluña como unha nación. Para que quede claro o sentido da miña reversión recuperaría igual se dixese que é unha Comunidade histórica (tal como aparece noutra das edicións anónimas) ou territorio como tamén se ve. Se alguén considera que debe mudarse nación por outro termo debe expoñelo e argumentalo na páxina de discusión non facer as mudanzas agochandose como un usuario anónimo. Aproveito para dicir que para os colaboradores e lectores deste wiki é máis importante ter artigos de calidade que dilapidar esforzos discutindo. Para finalizar, como dixen antes a reversión está relacionada coa xestión do wiki polo tanto non entro a debatir cal é a definición final. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:37, 30 maio 2007 (UTC)

Todo isso que diz o Parlamento sobre a "nação" é referido só à comunidade autónoma, não ao Rossilhão nem a outras terras. --Ibérico 21:15, 6 xullo 2007 (UTC)

Creo que a xente que consulta a entrada "cataluña" na galipedia non o fai para ver se cataluña é unha nación ou unha nacionalidade, penso que prefiren coñecer a poboación, a renta per cápita, as cidades maís importantes, a historia, o pib, a extensión, a densidade... (anónimo)

Ferramentas persoais