Conversa:Nacionalidade histórica

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Este artígo é un chiste. Se o que queredes é facer política con Wikipedia, dende logo que eu non me apunto. Hai que ter moita cara para comezar con semellante frase:

"Nacionalidade histórica é un termo recoñecido na Constitución Española de 1978"

Non hai nin un pequeno esforzo de disimulo. ¿Poderiades indicar qué artigo da Carta Magna fala de "nacionalidade histórica"? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.59.59.28 (conversacontribucións) 17:16, 13 de abril de 2007

"Artigo 2: A Constitución fundaméntase na indisoluble unidade da Nación española, patria común e indivisible de todos os españois, e recoñece e garante o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións que a integran e a solidariedade entre todas elas". É o único artigo da Constitución que menciona a palabra nacionalidade con este significado. Non leva o adxectivo histórica. No artigo 143 fala das "provincias con entidade rexional histórica", sen facer referencia expresa a ningunha concreta.Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:32, 4 de xullo de 2010 (UTC)

  • Xoacas, mételle man se tes tempo. Eu acabo de chantarlle unha sección tirada de ca.wiki e non teño moito gana de entrar neste tinglado, que nin me vai nin me vén. Andalucía, por certo, non é a cuarta en discordia? --Atobar (conversa comigo) 21:39, 4 de xullo de 2010 (UTC)
Non, mira, non che me apetece nada este tema, a min vaime e venme menos aínda. Só daba resposta á pregunta esa que leva tres anos esperando. Por certo: a cuarta? cales son as outras tres? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 21:45, 4 de xullo de 2010 (UTC)
Non sei se dende un prisma puramente legal, pero entendo que Galiza, País Vasco e Cataluña, polas súas institucións de goberno legais previas á guerra, paréceme. Voulle quitar esa frase inicial incorrecta; o demais que o faga quen lle interese o asunto. --Atobar (conversa comigo) 21:54, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Concordo en que a frase "Nacionalidade histórica é un termo recoñecido na Constitución Española de 1978" non é correcta--. HombreDHojalata.conversa 21:42, 4 de xullo de 2010 (UTC)

Café para todos[editar a fonte]

Se alguén ten ganas, podería traducir a sección Café para todos de en.wiki. E tamén a intro está moi ben. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:39, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Nacionalidade histórica. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 04:58 (UTC)[responder]