Contra (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Contra
Álbum de Vampire Weekend
Publicado11 de xaneiro do 2010
Gravación2009
Duración36:40
Xénero(s)indie rock, indie pop
Selo(s)XL Recordings
Producido porRostam Batmanglij
Cronoloxía
Vampire Weekend Contra Modern Vampires of the City

Contra é o segundo álbum da banda de indie rock estadounidense Vampire Weekend, publicado o 11 de xaneiro de 2010 baixo o selo XL Recordings. O título do álbum está pensado como unha alegoría temática e unha referencia complexa aos contra-revolucionarios nicaraguanos, ao álbum de The Clash Sandinista! e, en parte, unha homenaxe ao videoxogo Contra.

A revista Q elixiuno o quinto mellor álbum do ano 2010[1].

Lanzamento[editar | editar a fonte]

O lanzamento de Contra foi anunciado o 15 de setembro de 2009, e foi lanzado no Reino Unido o 11 de xaneiro de 2010. Nos Estados Unidos isto ocorreu ao día seguinte. Con todo, o álbum xa estaba dispoñible o 8 de xaneiro en iTunes. "Horchata" foi lanzado como unha descarga gratuíta o 5 de outubro de 2009 no sitio web da banda. O primeiro sinxelo foi "Cousins", acompañado por un sinxelo de 7" e un vídeo musical. O álbum estivo dispoñible para streaming no MySpace da banda a partir do 3 de xaneiro de 2010. Tamén se dispón actualmente para streaming no seu sitio web oficial (desde o 5 de xaneiro de 2010).

É o primeiro álbum da banda en alcanzar o número un no Billboard 200, e o décimo segundo da escena independente da historia en alcanzar o número un no Billboard 200 desde que Nielsen SoundScan comezou a rexistrar datos en 1991. O álbum logrou vender 124.000 copias na súa primeira semana.

Música e letras[editar | editar a fonte]

A letra de "I Think UR a Contra" inclúe a frase "Complete Control", o título dun sinxelo de The Clash. O título de "Diplomat's Son" é unha referencia a unha historia escrita polo cantante Ezra Koenig sobre o internado, aínda que o contido das súas letras fala dunha relación homosexual contada por Rostam Batmanglij. A canción extra de iTunes, "Giant" contén referencias á canción de Notorious B.I.G. "Juicy". "Diplomat's Son" ten samples das cancións "Hussel" de M.I.A. e "Pressure Drop" de Toots and the Maytals. "White Sky" é unha reminiscencia de "Crazy Love, Vol. II" e "Proof" de Paul Simon.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

# Título Duración
1. "Horchata" 3:26
2. "White Sky" 2:58
3. "Holiday" 2:18
4. "California English" 2:30
5. "Taxi Cab" 3:55
6. "Run" 3:52
7. "Cousins" 2:25
8. "Giving Up the Gun" 4:46
9. "Diplomat's Son" 6:01
10. "I Think UR a Contra" 4:29

Cancións engadidas na versión iTunes

# Título Duración
11. "Giant" 2:50
12. "California English: Part 2" 2:57

Disco extra Contra Megamelt

# Título Duración
11. "Contramelt A" 6:11
12. "Contramelt B" 4:36
12. "Cousinz (Toy Selectah Mex-More Remix)" 3:20

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lista (2010) Máxima posición
Lista de álbums de Australia 2
Lista de álbums do Canadá 1
Lista de álbums de Francia 15
Lista de álbums dixitais de Francia 2
Lista de álbums de Suráfrica 30
Lista de álbums de Italia 98
Lista de álbums de Nova Zelandia 12
Lsta de álbums do Reino Unido 3
Lista Indie do Reino Unido 1
Billboard 200 de Estados Unidos 1
Billboard de álbums indies de Estados Unidos 1

Sinxelos[editar | editar a fonte]

Lanzamento Título
17 de novembro de 2009 "Cousins"
19 de febreiro de 2010 "Giving Up The Gun"
7 de xuño de 2010 "Holiday"
16 de agosto de 2010 "White Sky"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Q's 50 Best Albums of 2010". Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de maio de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]