Conde de Torrecedeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Conde de Torrecedeira é un título nobiliario concedido pola raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena en Real Despacho de 3 de xaneiro de 1891[1] a Manuel Bárcena y Franco, que foi alcalde de Vigo e fundador da Caja de Ahorros-Monte de Piedad de Vigo.

Índice

[editar] Descendencia

O primeiro conde, casado con Dolores de Andrés-García y López, deixou o título ó seu primoxénito, Manuel Bárcena de Andrés, cónsul de Inglaterra en Vigo e primeiro presidente do Real Club Celta, que casou con Obdulia de Castro y Montenegro.

Cando morreu, o título pasou o seu primoxénito Manuel Bárcena de Castro, que faleceu en 1962 sen fillos.

Obtivo carta de sucesión o irmán, Felipe Bárcena de Castro, casado con María del Pilar Varela de Limia y Pais. Ó pasamento pasou a ser o quinto conde o primeiro fillo, Felipe Bárcena y Varela de Limia, naturalista nado en Madrid en 1946 e primeiro presidente da Asociación de Amigos de los Pazos.[2]

[editar] Escudo

O escudo de armas é o dos Bárcena. En campo de goles, seis basantes de prata dispostos dous, dous e dous. Timbrado con coroa condal.

[editar] Notas

  1. López-Chaves Meléndez, Juan Manuel y Amor Moreno, Grato Ernesto, Inventario de pazos y torres de la provincia de Pontevedra, 1998, ISBN 84-86845-09-02.
  2. Enciclopedia Galega Universal, Ir Indo.

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas