Condado de Contra Costa
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Condado de Contra Costa (en inglés Contra Costa County) é un dos 58 condados de California. Foi fundado en 1850 e conta cunha poboación de 948.816 habitantes (2000). A súa capital é a pequena cidade de Martínez, pero a cidade máis poboada é Concord.
O Condado de Contra Costa é un dos 9 condados que compoñen a populosa Área da Baía de San Francisco, e tamén un dos 27 condados orixináis de California.