Club Patín Cibeles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Club Patín Cibeles

O Club Patín Cibeles, fundado e 1953 e disolto en 1987, foi un equipo español de hockey sobre patíns, da cidade de Oviedo.

Foi o primeiro equipo de fóra de Cataluña en gañar a Copa do Rei, en 1980, tras derrotar 4-0 ao FC Barcelona na final disputada en Salamanca. Ao ano seguinte, en 1981, o Cibeles proclamouse subcampión da Recopa de Europa.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1974 ascendeu por vez primeira á máxima categoría de hockey sobre patíns de España, entón denominada División de Honra, ao clasificarse en segundo lugar da Primeira División. As súas clasificacións na máxima categoría foron as seguintes:

Ano Posto
1975 9
1976 11
1977 6
1978 10
1979 6
1980 9
1981 7
1982 3
1983 7
1984 9
1985 4
1986 10
1987 6

En 1987 o Cibeles clasificouse sexto na liga de División de Honra, e xogou o seu último partido no Palacio dos deportes de Oviedo derrotando ao Noia por 11 goles a 0. O último gol do Cibeles marcouno Lolo Paredes. O día 3 de xuño desaparece o C.P. Cibeles.[1]

Uniforme[editar | editar a fonte]

O uniforme titular do equipo estaba comprendido por unha camiseta vermella, un pantalón azul e unhas medias vermellas.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ademais, o Cibeles participou dúas veces na Recopa de Europa e tres na Copa da CERS.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]