Club Deportivo Básico Balonmano Neptuno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BM Atlético de Madrid
Nome do club Club Deportivo Básico Balonmano Neptuno
Fundado 2011
Pavillón Palacio de Vistalegre, Madrid
Capacidade 15.000
Presidente España Domingo Díaz de Mera
Entrenador Quirguicistán España Talant Dujshebaev
Liga Liga ASOBAL
2010-11 (como BM Ciudad Real)
Equipacións
Local


Visitante


O Club Deportivo Básico Balonmano Neptuno, denominado Club Balonmano Atlético de Madrid por razóns de patrocinio, foi un equipo de balonmán da cidade de Madrid, en España, fundado en 2011. Debido a unha infrutuosa negociación dunha serie de impagos con facenda, o club desapareceu o 9 de xullo de 2013.[1][2]

En 2011 Domingo Díaz de Mera, presidente do BM Ciudad Real, fundou o Club Balonmano Madrid S.L. coa intención de recibir os dereitos deportivos do club manchego, pois éste non tiña patrocinadores en Cidade Real. Rexistrado na Real Federación Española de Balonmano como "Club Deportivo Básico Balonmano Neptuno", na súa primeira tempada luce os símbolos e emprega o nome do Club Atlético de Madrid como resultado dun acordo de patrocinio. Dito acordo de colaboración ten unha duración dun ano, ainda que non se desbota a posibilidade de que nun futuro este novo club pase a estar integrado dentro do Club Atlético de Madrid, converténdose así na súa sección de balonmán, o que significaría a volta dunha das seccións máis laureadas do club e dun dos clubs de balonmán máis laureados do país. A directiva do club, o seu corpo técnico e o cadro de xogadores que compoñen o equipo, son herdados íntegramente do agora desaparecido BM Ciudad Real.

O equipo xogaba os seus encontros como local no Palacio de Vistalegre de Madrid, un pavillón con capacidade para 15.000 seareiros.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xa na súa primeira tempada acadou a vitoria na Copa do Rei batendo na final ó FC Barcelona por 37 goles a 31.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]