Clementine
|
|
|
|---|---|
|
|
|
| Tipo | Sonda luar e asteroidail / demostrador tecnolóxico |
| Fabricante | |
| Organización | NASA / BMDO |
| Contratistas principais | Naval Research Laboratory |
| Data de lanzamento | 25 de xaneiro de 1994, 16:34 GMT[1][2][3] |
| Foguete portador | Titan II-G[2][4] |
| Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][5] |
| Obxectivo da misión | Estudio da Lúa e do asteroide 1620 Geographos e proba de novos sensores.[2][4][3] |
| NSSDC ID | 1994-004A |
| Masa | 227 kg (424 kg con propelente)[2][4][5] |
| Dimensións | Prisma octogonal de 1,88 metros de alto e 1,44 metros de ancho.[2] |
| Potencia | 360 vatios[2] |
| Baterías | batería de níquel-hidróxeno cunha capacidade de 15 amperios-hora.[2] |
Clementine foi unha sonda espacial da NASA en colaboración coa BMDO lanzada o 25 de xaneiro de 1994 mediante un foguete Titan II-G desde a Base Vandenberg da Forza Aérea para o estudio da Lúa e para probar novos sensores e compoñentes expostos ó espazo.[5][4][1][2]
Índice |
Características [editar]
Clementine foi un proxecto da NASA e a Ballistic Missile Defense Organization para probar novos sensores e compoñentes para naves espaciais e para facer observacións científicas da Lúa e do asteroide 1620 Geographos. As observacións do asteroide non puideron ter lugar debido a un problema coa nave. As observacións da Lúa incluíron fotografías en varias lonxitudes de onda no visible, no ultravioleta e no infravermello, altimetría mediante láser, gravimetría e medicións de partículas cargadas.[2]
A nave tiña forma de prisma octogonal de 1,88 metros de alto e 1,44 metros de ancho con dous paneis solares saindo de lados opostos do octógono. Nun extremo do prisma situábase a antena de alta ganancia e no outro extremo o motor de 489 N de pulo. As aperturas para tódolos sensores localizábanse nunha das caras do octógono, a 90 graos dos paneis solares e protexidos por un cobertor.[2]
A propulsión da sonda estaba composta por un sistema de control de actitude alimentado con hidracina e un sistema de propulsión principal bipropelente para manobras no espazo alimentado con tetróxido de nitróxeno e monometil hidracina. O control de actitude era levado a cabo por 12 pequenos propulsores, con dúas cámaras seguidoras de estrelas e dúas unidades de guiado inercial proporcionando a información de posición.[2]
Clementine estabilizábase nos tres eixos unha vez en órbita luar mediante volantes de inercia cunha precisión de 0,05 graos no control de actitude e 0,03 graos na determinación da posición. Os paneis solares, de arseniuro de galio e xermanio, alimentaban unha batería de níquel-hidróxeno cunha capacidade de 15 amperios-hora. O control e comando a bordo corría a cargo dun procesador MIL-STD-1750A. Os datos podíanse gardar a bordo nunha grabadora de estado sólido de 2 Gbit de capacidade.[2]
Instrumentos [editar]
Clementine levaba a bordo sete experimentos:[2]
- Unha cámara para o visible e o ultravioleta.
- Unha cámara para o infravermello próximo.
- Unha cámara para o infravermello remoto.
- Unha cámara de alta resolución.
- Dúas cámaras seguidoras de estrelas.
- Un altímetro láser.
- Un telescopio de partículas cargadas.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "CLEMENTINE 1 (DSPSE)" (en inglés). Real Time Satellite Tracking. 2011. http://www.n2yo.com/satellite/?s=22973. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 "Clementine" (en inglés). 14 de maio de 2012. http://nssdc.gsfc.nasa.gov/nmc/spacecraftDisplay.do?id=1994-004A. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 (PDF) Note verbale dated 8 June 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General. 9 de xuño de 1994. pp. 11. http://www.unoosa.org/oosa/download.do?file_uid=468.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Clementine (DSPSE)" (en inglés). Gunter's Space Page. 2012. http://space.skyrocket.de/doc_sdat/clementine-1.htm. Consultado o 18 de maio de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Clementine" (en inglés). 2011. http://astronautix.com/craft/clentine.htm. Consultado o 18 de maio de 2012.