Cidade heroica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cidade heroica (en ruso: город-герой, górod-gueroy) foi un título honorífico soviético que premiou o heroísmo demostrado polos habitantes de diferentes cidades durante a Gran Guerra Patria entre 1941 e 1945. Foi outorgado a 12 cidades da Unión Soviética e á Fortaleza de Brest, á cal se lle concedeu o título equivalente de "Fortaleza heroica". Esta condecoración equivale á distinción individual de Heroe da Unión Soviética. Actualmente 4 de elas atópanse no territorio de Ucraína, 2 (incluíndo a Fortaleza Heroica) en Bielorrusia e o resto en Rusia.
De acordo co estatuto, á cidade heroica concedéuselle a Orde de Lenin, a Estrela de Ouro e o certificado da fazaña heroica (grámota) por parte do Presidium do Soviet Supremo da URSS. Tamén se construía un obelisco na cidade.
|
|
|
|---|---|
| Leningrado (Rusia) • Odesa (Ucraína) • Sebastopol (Ucraína) • Stalingrado (Rusia) • Kiev (Ucraína) • Brest (Bielorrusia) • Moscova (Rusia) • Kerch (Ucraína) • Novorossiisk (Rusia) • Minsk (Bielorrusia) • Tula (Rusia) • Múrmansk (Rusia) • Smolensk (Rusia) | |