Christa Wolf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Christa Wolf en Berlín, marzo de 2007.

Christa Wolf, nada en Landsberg an der Warthe (daquela en Alemaña, hoxe Polonia) o 18 de marzo de 1929, e finada en Berlín o 1 de decembro de 2011[1], foi unha novelista, ensaísta e guionista cinematográfica alemá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu co nome de Christa Ihlenfeld, e foi criada dentro da clase media. Despois da derrota de Alemaña en 1945, mudou cos seus familiares á comunista Alemaña do Leste. Militou no Partido Socialista da RDA. Durante a Guerra Fría, se ben se opuxo ao goberno da RDA, mantívose fiel ao marxismo. Opúxose á reunificación alemá. A súa obra reflicte as experiencias que tivo durante a Segunda Guerra Mundial e a súa vida en plena posguerra. Entre as súas novelas pódense mencionar Der Geteilte Himmel (1963), Nachdenken über Christa T. (1968), severamente criticada na Alemaña Oriental; Kindheitsmuster (1976); Kassandra (1983), o seu libro máis lido, que vincula o poder nuclear e o patriarcal; Was bleibt (1990), que trata sobre a vixilancia do goberno e os seus propios nexos coa policía secreta, e Medea, novela que reelabora o mito tráxico grego.

Foi nomeada Doctora Honoris Causa pola Universidad Complutense de Madrid.

Finou o 1 de decembro de 2011 aos 82 anos de idade en Berlín (Alemaña), cidade na que viviu co seu marido.

Notas[editar | editar a fonte]