Chikungunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infección polo virus Chickungunya
Clasificación e recursos externos
Aedes aegypti, o insecto transmisor da infección.
DiseasesDB32213
MeSHD018354
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Chikungunya[1] (do makonde, o que se torce[2]), ou de xeito abreviado chik, é unha doenza infecciosa provocada por un virus de ARN que leva o mesmo nome. Dito virus pertence ao grupo dos arbovirus, do xénero Alphavirus (Togaviridae) e transmítese característicamente a través de mosquitos do xénero Aedes (Aedes aegypti e Aedes albopictus), os cales actúan como vector epidemiolóxico.[3]

Probabelmente a orixe do virus atópese no continente africano, onde se reproduciría no organismo dos primates a través do subxénero Stegomyia, tal e como acontece coa febre amarela.[2] Así, a infección polo virus chikungunya é endémica de África, existindo tamén gromos epidémicos no sueste asiático, na contorna do océano Índico. Recentemente tivéronse descrito gromos en localizacións atípicas coma Europa, América do Norte ou Brasil, probabelmente por mor da ubicuidade e a distribución urbanita do mosquito transmisor.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A fundación Fundeu tamén considera correcta a adaptación chicunguña, así como a forma acurtada chik.
  2. 2,0 2,1 Longo, D (2012). Harrison. Principios de Medicina Interna. Nova York: McGraw Hill. ISBN 978-0-07-163244-7. 
  3. Lahariya C, Pradhan SK (December 2006). "Emergence of chikungunya virus in Indian subcontinent after 32 years: A review" (PDF). J Vector Borne Dis 43 (4): 151–60. PMID 17175699. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2013. Consultado o 31 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • «Chikunguña», artigo descritivo sobre o chikunguña no sitio web da OMS (Organización Mundial da Saúde).