Chichibu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Chichibu na prefectura de Saitama | |||
| Localización da prefectura de Saitama no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||
| Prefectura | Prefectura de Saitama | ||
| Superficie | 577,69 km2 | ||
| Poboación | 68.154 (2009) | ||
| Densidade | 118 h/km² | ||
| Alcalde | |||
Chichibu (秩父市, ちちぶし, Chichibu-shi) é un concello da prefectura de Saitama no Xapón. Está situado no centro da rexión de Kantō e ao extremo oeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. Ten 577,69 km² de superficie e unha poboación de 68.154 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 118 h/km².
O concello de Chichibu limita cos concellos de Ogano, de Kamikawa, de Minano, de Higashichichibu, de Tokigawa, de Yokoze, de Hannō (son da prefectura de Saitama); de Ueno, de Kanna, de Fujioka (son da prefectura de Gunma); de Yamanashi, de Kōshū, de Tabayama (son da prefectura de Yamanashi); de Kawakami (da prefectura de Nagano); e de Okutama (da prefectura de Tōkyō).
Cidades irmandadas [editar]
Antioch, California, EE.UU. (1967)
Gangneung, Gangwon, Corea do Sur (1983)
Toshima-ku, Prefectura de Tōkyō, Xapón (1983)
Linfen, Provincia de Shanxi, China (1988)
Warringah, Nova Gales do Sur, Australia (1996)
San'yōonoda, Prefectura de Yamaguchi, Xapón (1996)