Chavez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chavez
OrixeNova York,
Período1993 - presente
Xénero(s)math rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Matador Records
MembrosMatt Sweeney
James Lo
Clay Tarver
Scott Marshall
Artistas relacionadosZwan, Bonnie "Prince" Billy, Early Man
Na rede
http://www.matadorrecords.com/chavez/
IMDB: nm3486051 Facebook: RideTheChavez MySpace: breakupyourband Last fm: Chavez Musicbrainz: c08d2dcd-3c9a-4e5c-b444-c48936de2707 Songkick: 814514 Discogs: 198676 Allmusic: mn0000085833 Editar o valor em Wikidata

Chavez é unha banda estadounidense de math rock formada en 1993 na cidade de Nova York. Tras un período de inactividade, o grupo reformouse no ano 2006.[1] Chavez publicou unicamente dous álbums a mediados dos anos 90 a través do selo Matador Records.[2]

Chavez formouse a partir das cinzas de Wider, e inspirouse no efoque dos pioneiros do math rock Slint e no grupo de post-punk Mission of Burma. Chavez utiliza riffs angulares e asimétricos, e dramáticos cambios de dinámica na súa música. A banda está liderada polo guitarrista Matt Sweeney, que anteriormente fora membro de Skunk e Wider, e tocara con Guided by Voices. O batería James Lo tamén procedía de Wider, e o grupo complétase co guitarrista Clay Tarver (Bullet Lavolta) e o baixista Scott Marshall.[3][4]

A banda gañou seguidores rapidamente na escena underground de Nova York[1][5] tras o lanzamento do seu primeiro sinxelo, "Repeat the Ending". O seu álbum de estrea, Gone Glimmering, publicouse en 1995 e foi seguido polo EP Pentagram Ring. O vídeo musical do tema "Break Up Your Band" emitiuse nun edpisodio da serie da MTV Beavis and Butt-head,[6] e a banda xirou con Guided by Voices e Bardo Pond. O segundo álbum de Chavez, Ride the Fader, publicouse en 1996 e foi loubado por Entertainment Weekly como "un bo espécime de post-metal hard rock sobrio e intelixente".[7]

Chavez nunca se separou oficialmente, pero non editou material novo e só realizou un feixe de concertos entre 1999 e 2006. Nese último ano Matador Records publicou Better Days Will Haunt You, un recompilatorio con todo o material de estudio da banda ata ese momento,[8][9] coa adición de novas voces para o tema "White Jeans". A banda realizou uns poucos con para promocionar o lanzamento, e posteriormente tocou con outros grupos como Pavement e Sonic Youth.[10]

En 2001, durante o período de inactividade de Chavez, o guitarrista Matt Sweeney uniuse ao líder de The Smashing Pumpkins Billy Corgan e ao guitarrista de Slint David Pajo para formar Zwan.[11] Sweeney xuntouse con Will Oldham (baixo o alcume de Bonnie 'Prince' Billy) para lanzar o álbum de 2005 Superwolf, [12]ademais de producir e tocar no primeiro álbum de Early Man con Matador, Closing In.[13] Sweeney tamén está involucrado na "anti-banda" de Nova York Soldiers of Fortune, que lanzou dous discos a través de Mexican Summer.[14] Clay Tarver dirixiu varios anuncios para televisión, escribiu o guión do filme Joy Ride, e posteriormente concerteuse no co-showrunner e produtor executivo da serie de televisión Silicon Valley.[15][16] Matt Sweeney tocou a guitarra no álbum de Johnny Cash American VI editado tras a súa morte en 2010, e tamén tocou no álbum e na xira Post Pop Depression, de Iggy Pop.[17]

A banda foi elixida para actuar no festival ATP I'll Be Your Mirror organizado por ATP e Portishead en setembro de 2011 en Asbury Park, Nova Jersey.[18]

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Gone Glimmering 1995 Matador Records
Ride the Fader 1996 Matador Records

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Chavez | Biography, Albums, Streaming Links". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-05-05. 
  2. "Chavez". Discogs (en inglés). Consultado o 2021-11-11. 
  3. Inc, Nielsen Business Media (1996-10-26). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc. 
  4. "Chavez". Trouser Press (en inglés). Consultado o 2021-11-11. 
  5. Ratliff, Ben (1996-07-29). "POP REVIEW;Sounds of Classic Rock Up From the Underground". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-11-11. 
  6. Judge, Mike; Kaplan, Yvette (1996-03-05). "Substitute". Consultado o 2021-11-11. 
  7. Smith, Ethan. "Music Review: 'Ride the Fader'". EW.com (en inglés). Consultado o 2021-11-11. 
  8. "Chavez, Bright Eyes lead this week’s music reviews - VailDaily.com". web.archive.org. 2012-03-08. Archived from the original on 08 de marzo de 2012. Consultado o 2021-11-13. 
  9. Dolan, Jon. "Better Days Will Haunt You". EW.com (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  10. "Matador Friday recap - Las Vegas Weekly". lasvegasweekly.com. 2010-10-02. Consultado o 2021-11-11. 
  11. "Zwan Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  12. "Superwolf - Bonnie "Prince" Billy, Matt Sweeney". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  13. Begrand, Adrien (2005-11-08). "Early Man: Closing In, PopMatters". PopMatters (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  14. "Early Risers, by Soldiers Of Fortune". Soldiers Of Fortune (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  15. Andreeva, Nellie (2017-04-06). "‘Silicon Valley’: Clay Tarver Elevated To Co-Showrunner On HBO Comedy Series". Deadline (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  16. "Clay Tarver". IMDb. Consultado o 2021-11-13. 
  17. "Matt Sweeney | Credits". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-11-13. 
  18. "ATP America presents I'll Be Your Mirror curated by Portishead & ATP". All Tomorrow's Parties (en inglés). Consultado o 2021-11-13.