Catherine D'Ignazio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCatherine D'Ignazio

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Tufts Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiclo de desenvolvemento, visualização (pt) Traducir, feminismo, engajamento cívico (pt) Traducir, Igualdade de genero, Urbanismo, planificación, intelixencia artificial, Aprendizaxe automática, deseño, comunicación, xornalismo e arte Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónprofesora universitaria , deseñadora , artista , informática teórica , feminista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Catherine D'Ignazio (coñecida como kanarinka), nada en Chapel Hill, Carolina do Norte, é unha profesora, artista e desenvolvedora de software estadounidense que traballa no feminismo e na alfabetización en datos.[1] É a directora do Data + Feminism Lab do MIT, D'Ignazio é coñecida polos seus hackathons, como "Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste)[2] e polo seu libro, Data Feminism (Feminismo de datos), do que é coautora con Lauren F. Klein.[3][4][5][6]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

D'Ignazio creceu en Carolina do Norte, Virxinia, Alabama e Míchigan. Licenciouse en Relacións Internacionais na Universidade de Tufts. Posteriormente, obtivo un mestrado en Estudos de Arte, Deseño e Teoría no Maine College of Art e outro en Artes e Ciencias da Comunicación no MIT en 2014.

Carreira[editar | editar a fonte]

D'Ignazio traballa como profesora adxunta no MIT e publicou varios traballos no seu campo de estudo, así como o libro, Data Feminism. Organizou varios hackathons sobre a saúde das mulleres, entre eles " Make the Breast Pump Not Suck" (Fai que o sacaleites non apeste), que tamén se presentou na exposición do Museo de Arte de Filadelfia, Designs for Different Futures. Tamén traballou en sistemas de recomendación de noticias e en diferentes tipos de visualización de datos.[7]

D' Ignazio empezou a traballar no desenvolvemento de software e ensinou durante sete anos no programa de posgrao Digital + Media da Rhode Island School of Design. Despois pasou a traballar no Departamento de Xornalismo do Emerson College, como profesora adxunta de Visualización de Datos e Medios Cívicos. Tras anos de experiencia como profesora, pasou a ser profesora adxunta de Ciencias Urbanas e Planificación no Departamento de Estudos Urbanos e Planificación do MIT. D'Ignazio mantén esta función, e tamén actúa como directora do Data + Feminism Lab do MIT, que emprega datos e métodos computacionais para traballar pola igualdade de xénero.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Feminismo de datos – Portal de la Comunicació" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2021. Consultado o 2021-04-21. 
  2. "The Problems With Breastfeeding Go Way Beyond Breast Pumps" (en inglés). 4 maio 2018. Consultado o 2020-06-01. 
  3. "“Las prácticas clásicas en ciencia de datos fomentan el sexismo. El feminismo de datos lo combate”". pikara magazine (en castelán). 2020-11-04. Consultado o 2021-04-21. 
  4. Allers, Kimberly Seals (26 abril 2018). "MIT Shows How to ‘Make the Breast Pump Not Suck’ for Women of Color". Women's eNews (en inglés). Consultado o 2020-06-01. 
  5. Carleton, Amy (4 maio 2018). "The Problems With Breastfeeding Go Way Beyond Breast Pumps". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2020-06-01. 
  6. Corbyn, Zoë (21 marzo 2020). "Catherine D’Ignazio: 'Data is never a raw, truthful input – and it is never neutral'". The Observer (en inglés). ISSN 0029-7712. Consultado o 2020-06-01. 
  7. "Profile" (en inglés). Consultado o 2020-04-01. 
  8. "“Las prácticas clásicas en ciencia de datos fomentan el sexismo. El feminismo de datos lo combate”". Agencia SINC (en castelán). Consultado o 2021-04-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]