Castelo de Fuentidueña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Fuentidueña
ben de interese cultural e elemento da Lista Vermella do Patrimonio
ConcelloFuentidueña
ProvinciaSegovia
Comunidade
autónoma
Castela e León
Coordenadas41°26′24″N 3°58′48″O / 41.439899, -3.979905Coordenadas: 41°26′24″N 3°58′48″O / 41.439899, -3.979905
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (século XII)
Estilo actualRuínas
editar datos en Wikidata ]

O castelo de Fuentidueña atópase no concello de Fuentidueña, na provincia de Segovia, comunidade autónoma de Castela e León, España. Só se conservan unhas ruínas deste, as cales amais de recibir o ámbito de protección, tamén recibiron a catalogación de Ben de Interese Cultural o 3 de xullo de 1995.

Descrición[editar | editar a fonte]

O castelo de Fuentidueña constitúe un conxunto disperso de restos de edificacións, torres e muros, situados na parte alta dun amplo recinto amurallado, do cal forma parte, quedando perfectamente integrado, cunha función de alcázar, como último reduto, en caso de que fose tomada a poboación.

De planta pentagonal irregular, ocupa unha superficie aproximada de 5.000 m², nun terreo con moitos desniveis, con amplo foxo e barbacá.

De dubidosa cronoloxía, as actuais ruínas, formadas por cachotaría, recheas de cal e canto, parecen proceder dalgunha reforma dos séculos XII ao XIII.

Notas[editar | editar a fonte]

Modelo:Bienes.info