Carme Torras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarme Torras

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xullo de 1956 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Director de teseLuis Basañez Villaluenga (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiência da computação (pt) Traducir, matemáticas, Robótica, intelixencia artificial e ciencias da computación Editar o valor em Wikidata
Ocupacióninvestigador en intelixencia artificial , informática teórica , matemática , escritora , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Politécnica de Cataluña
Consello Superior de Investigacións Científicas Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá, lingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRobert Griñó (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webiri.upc.edu… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 2173189

Carme Torras Genís, nada en Barcelona o 4 de xullo de 1956, é unha matemática e escritora española especialista en intelixencia artificial e robótica, compaxina a escritura literaria coa investigación científica. En novembro de 2020 foi galardoada cun dos Premios Nacionais de Investigación.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciada en matemáticas, doutora en informática e profesora de investigación no Instituto de Robótica (CSIC-UPC).[2][3]

No ámbito científico, publicou libros e artigos sobre modelos neuronais, visión por computador, intelixencia artificial e robótica. Traballa no proxecto "Clothilde", que busca deseñar e programar robots que poidan, axudar as persoas con mobilidade reducida.[4] Foi galardoada co «premio Divulga» do Museo da Ciencia de Barcelona, o premio Rafael Campalans do Instituto de Estudos Cataláns, e a medalla Narciso Monturiol da Xeneralidade de Cataluña. É membro numeraria da Academia Europea, membro electa da Real Academia de Ciencias e Artes de Barcelona e membro da Comisión Científica de la RSME.[5]

No ámbito literario, as súas novelas Pedres de toc (Columna, 2003) e Miracles perversos (Pagés, 2011) mereceron os premios Primeira Columna e Ferran Canyameres de intriga e misterio. Coa mutació sentimental (Pagès, 2008), traducida ao castelán (Milenio, 2012), obtivo o premio Manuel de Pedrolo de ciencia ficción 2007 e o premio Ictineu 2009. É membro da Asociación de Escritores en Lingua Catalá e da Sociedade Catalá de Ciencia ficción e Fantasía (SCCFF).[6]

Premios literarios[editar | editar a fonte]

  • Columna - 2003 - Pedres de toc
  • Manuel de Pedrolo de narrativa de ciencia ficción de Mataró - 2007 - A mutació sentimental
  • Ictineu de ciencia ficción á mellor obra orixinal en catalán publicada o ano anterior - 2009 - A mutació sentimental
  • Ferran Canyameres - 2011 - Miracles perversos

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio Nacional "Julio Rey Pastor" na área de Matemáticas e Tecnoloxías da Información e as Comunicacións.[1]
  • IV Premio Julio Peláez de mulleres pioneiras nas matemáticas, física e química, en 2019. [7]
  • Medalla Narciso Monturiol ao Mérito Científico e Tecnolóxico, 2000
  • Premio Rafael Campalans do Instituto de Estudos Cataláns, 1985
  • Premio Nacional de Investigación “Julio Rey Pastor”, en 2020.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Carme Torras, Laura Lechuga y Elías Campo, entre los premios de investigación". ElDiario.es (en castelán). 2020-11-13. Consultado o 2020-11-14. 
  2. "Torras Genís, Carme" (en catalán). Consultado o 9 de septiembre de 2017. 
  3. "Carme Torras Genís". Las Científicas Cuentan (en castelán). Consultado o 2020-11-14. 
  4. Atlántico (2020-09-04). "Los robots del futuro nos darán de comer y ayudarán a vestirnos". Atlántico (en castelán). Consultado o 2020-11-14. 
  5. admin (2006-12-08). "Comisión Científica". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-12-18. 
  6. CCCB (ed.). "Carme Torras". Consultado o 23 de marzo de 2016. 
  7. "Carme Torras, IV Premio Julio Peláez de mujeres pioneras de las ciencias físicas, químicas y matemáticas.". Fundación Tatiana Pérez de Guzmán el Bueno (en castelán). 2019-06-11. Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2021. Consultado o 2020-11-14. 
  8. López, Nerea Diez (2020-11-20). "Carme Torras, Premio Nacional de Investigación “Julio Rey Pastor”". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Consultado o 2020-12-18. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]