Lost (temporada 3)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terceira temporada de Lost
Serie Lost
País de orixe Flag of the United States.svg Estados Unidos
Canle ABC
Data orixinal da estrea 4 de outubro de 2006
23 de maio de 2007
Número de episodios 23
Posta á venda do DVD 22 de decembro de 2007
Temporada anterior 2
Temporada seguinte 4

A terceira tempada da serie de televisión estadounidense Lost comezou a transmitirse nos Estados Unidos e Canadá o 4 de outubro de 2006, concluíndo o 23 de maio de 2007 tras 23 episodios. Esta tempada segue as historias do grupo de sobreviventes que foron abandonados nunha illa remota no Pacífico Sur. No universo de Perdidos, a tempada ten lugar do 28 de novembro ao 23 de decembro de 2004. Os produtores declararon que, dado que a primeira tempada é a introdución dos sobreviventes e a segunda tempada da escotilla, a terceira tempada é a dos Outros, un grupo de habitantes da misteriosa illa.

En resposta ás queixas sobre o calendario de das tempadas anteriores, os episodios foron transmitidos orixinariamente en dous bloques sen reposicións. en Estados Unidos o primeiro bloque consta de seis episodios, emitidos os mércores ás nove da noite e despois de doce semanas descanso, a tempada continuou co resto de dezaseis episodios ás dez. Ademais, foron emitidos tres episodios especiais que mostraban resumos do acontecido anteriormente: "Lost: A Tale of Survival" emitido unha semana antes da estrea, "Lost Survivor Guide" emitido antes do segundo bloque e "Lost: The Answers" emitido antes do final. A tempada en DVD foi sacada á venda baixo o título de Lost: The Complete Third Season – The Unexplored Experience o 11 de decembro de 2007, dispoñible en DVD ou seis Blu Ray.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Latas de comida Dharma no set da serie.

Locke, Desmond Hume e o Mr. Eko sobreviviron á explosión da escotilla. Mais o Mr. Eko non tardará en morrer a causa do o que parece un fume negro. Jack, Kate e Sawyer, pola súa banda, están en cativerio como prisioneiros de Os Outros, o primeiro nunha estraña habitación, ao coidado dunha muller chamada Juliet e os outros pechados en dúas gaiolas. Despois de facer un experimento con Sawyer este descobre que non están na illa de sempre, senón nunha que se atopa fronte a ela máis pequena.

Ao pouco desvélanse as intencións de Benjamin Linus (lider dos outros, que se deu a coñecer na anterior tempada como Henry Gale), que quere que Jack o opere dun tumor nas costas que o matará nunha semana como moito. Despois de varias tentativas de convencelo e chantaxe Jack, que culminan coa petición persoal de Kate a Jack, xa que se non o operaba matarían a Sawyer (con quen comezara un pequeno enredo amoroso) accede. Finalmente en medio da operación Jack téndelle unha trampa a Ben e consegue que Kate e Sawyer dean fuxido grazas á axuda do médico, que lle tendeu unha trampa a Ben. Finalmente Jack quedase só cos Outros, volvendo con eles á illa principal.

Pasado un tempo, Jack semella que comeza a sentir algo por Juliet, a pesar de que ela é un dos seus captadores e de que as súas lealdades non están claras. Por outra banda, despois de cruzar a distancia entre as dúas illas, Kate e Sawyer conseguen regresar ao campamento, e convencen a Locke e a Sayid para viaxar a través da illa e tentar liberar a Jack. A súa sorpresa é que cando chegan, Jack parece ter un trato amigable con Os Outros, cos que se atopa como se fose un máis deles. Debido a iso Locke tenta falar con el, descubrindo que despois da operación, Ben Linus concedeulle a Jack a posibilidade de abandonar a illa nun submarino, polo que ao chegar ao seu destino pediría axuda para o resto dos sobreviventes. Locke, que non quere marchar da illa, destrúe o submarino de Os Outros, o que causa un gran balbordo. Entón Os Outros apresan a Locke e en privado Ben comentalle que xa agardaba que el estouparía o submarino (xa que non quería que Jack marchase da illa). Finalmente John decide acompañar aos Outros xa que necesita atopar respostas). Kate, Sayid, Jack e a propia Juliet regresan ao campamento.

Porén, a presenza desta última no campamento causa un gran malestar, mais Jack deféndea e o resto deciden darlle un voto de confianza, que de todos os xeitos se acabará cando Sawyer (grazas a Locke, que di ser un infiltrado nos Outros) consegue demostrar que ela segue ao servizo de Ben, mais ao final Juliet consegue gañarse a confianza do grupo.

Despois disto un novo personaxe aparece na illa, Naomi, que aparentemente sobrevive á caída do seu helicóptero grazas ao seu paracaídas. Di que foi enviada á illa por Penny Widmore (a namorada de Desmond) e ten un radio coa que se pode comunicar cun barco de rescate, porén non poden facer nada polas interferencias. Despois de investigar a radio Sayid descobre un erro no sistema de interceptación de comunicacións dos Outros que podería levarlles a ser rescatados, para iso teñen que ir a unha estación Dharma que está somerxida no mar. Charlie e Desmond ofrecense voluntarios para ir a ela e desactivar as interferencias. Mentres Jack con todo o grupo diríxense á torre de radio para contactar con radio unha vez que Charlie e Desmond consigan o seu obxectivo.

A tempada finaliza cando Charlie logra contactar con Penélope dende a estación submarina, mais ela dille que non coñece a Naomi, xusto nese instante o membro dos outros Mikhail aparece e lanza unha granada que fai unha fenda na cámara na que se atopa Charlie. Desmond ao oir a Charlie corre rapidamente a salvalo pero xa é imposible, mais Charlie alcanza a transmitirlle a Desmond o de Naomi xusto antes de morrer afogado. Doutra banda, Jack consegue contactar por radio co barco de Naomi.

Na última escena da tempada Jack atópase con Kate nos arredores dun aeroporto, dicíndolle que hai que volver a "A Illa". Kate négase e dille que non vale a pena. É o primeiro dos flashforward da serie.

Elenco[editar | editar a fonte]

Recepción[editar | editar a fonte]

O primeiro bloque de episodios da tempado foi criticado polo púbico por expor demasiados misterios e non proporcionar suficientes respostas, ou o polas poucas aparición de moitas das personaxes principais das anteriores tempadas. Por exemplo Locke, interpretado por Terry O'Quinn, apareceu en só catorce dos vinte a tres episodios mentres que a estrela invitada M. C. Gainey, que interpeta a Lost. Ademais a reacción a dous novos personaxes, Nikki e Paulo, foi en xeral negativa, incluso chegando a recoñecer o propio Lindelof que o mozo foi "universalmente desprezado" polos fans.

A decisión de dividir a tempada e a posterior interrupción tamén foi moi criticada. Porén, o segundo bloque dos episodios foi xa aclamado pola crítica de novo, dando algunhas das ainsiadas respostas e matando ás personaxes de Nikki e Paulo. Tamén se anunciou a serie tería a súa fin dentro de tres tempadas máis, na sexta, esperando que así a xente se convencese de que os guionistas saben cara onde avanza a serie.

A terceira tempada foi nomeado para seis Premios Emmy, incluíndo dirección, guión, montaxe da imaxe e edición de son, e Terry O'Quinn (Locke) gañou o premio ao mellor actor de reparto, sendo tamén nominado á mesma categoría Michael Emerson (Ben). A tempada acadou unha media de 13,74 millóns de espectadores por episodio, decimoséptimo na clasificación de audiencias. O primeiro bloque tivo unha media de preto de catro millóns de televidentes máis que o segundo bloque, chegando o seu peor resultado co décimo cuarto que "só" conseguiu reunir a 11,52 millóns de espectadores. Con todo, Lost foi o programa máis gravado de 2007.

Lista de episodios[editar | editar a fonte]

# Título Director/es Personaxe/s central/is Data de emisión Código
50 "A Talle of Two Cities"
Historia de dúas cidades
Jack Bender Jack 4 de outubro de 2006 301

Jack, Kate e Sawyer comezan a descubrir a que se enfrontan como prisioneiros de "Os Outros". 

51 "The Glass Ballerina"
A bailarina de cristal
Paul Edwards Jin e Sun 11 de outubro de 2006 302

O plan de Sayid de atopar a Jack coloca a Jin e Sun en grave perigo. Mentres, Kate e Sawyer son obrigados polos seus captadores a traballar baixo duras condicións. Ben faille a Jack unha tentadora oferta difícil de rexeitar. 

52 "Further Instructions"
Instrucións adicionais
Paul Edwards Locke 18 de outubro de 2006 303

Revélanse os destinos de Locke, Desmond e Eko despois da implosión da escotilla. Hurley chega ao campamento contando que ocorreu cando Jack, Kate, Sawyer e el atopáronse con "os Outros". 

53 "Every Man for Himself"
Non te preocupes polos demais
Stephen Williams Sawyer 25 de outubro de 2006 304

Sawyer descobre que tan lonxe poden chegar os seus captadores no seu labor de frustrar os seus plans de escape con Kate. Jack é sacado do seu peche coa tarefa de salvarlle a vida a un dos Outros. Mentres, o comportamento de Desmond empeza a confundir aos demais sobreviventes cando empeza a construír un estraño aparello. 

54 "The Cost of Living"
O prezo de vivir
Jack Bender Eko 1 de novembro de 2006 305

Un delirante Eko loita con demos do seu pasado, mentres Locke e outros sobreviventes diríxense á Perla, unha das estacións da Iniciativa DHARMA na illa, coa esperanza de atopar un computador que lles permita localizar a Jack, Kate e Sawyer. Mentres, Jack non sabe en quen confiar cando dous dos Outros discuten entre si. 

55 "I Do"
Fareino
Tucker Gates Kate 8 de novembro de 2006 306

Jack toma unha decisión con respecto á oferta de Ben. Kate non pode facer nada cando Pickett parece disposto a cumprir a súa ameaza de matar a Sawyer, e Locke descobre unha mensaxe secreta que podería axudarlle a desvelar os segredos da illa. 

56 "Not in Portland"
Non en Portland
Stephen Williams Juliet 7 de febreiro de 2007 307

Jack ten na súa man o destino de Ben. Mentres tanto, Kate e Sawyer atopan a un aliado nun dos Outros. Juliet toma unha decisión espantosa que podería pór en perigo a súa "categoría" cos demais. 

57 "Flashes Before Your Eyes"
Refachos ante os teus ollos
Jack Bender Desmond 14 de febreiro de 2007 308

Hurley ten sospeitas do que pasa con Desmonda e convence a Charlie para investigalo e descubrir o que se atopa de verdade tralos seus misteriosos actos. 

58 "Stranger in a Strange Land"
Estraño en terra estraña
Paris Barclay Jack 21 de febreiro de 2007 309

Un xogo de enerxía sobrevén entre Jack e Os Outros mentres que o futuro de Juliet perde o equilibrio. Mentres tanto, Kate, Sawyer e Karl continúan na súa viaxe, xa lonxe do "Alcatraz". 

59 "Tricia Tanaka Is Dead"
Tricia Tanaka está morta
Eric Laneuville Hurley 28 de febreiro de 2007 310

O descubrimento de Hurley dun vello e ruinoso coche na illa condúcelle nunha misión de esperanza non só para el, tamén para un amigo sobrevivinte que necesita un pouco de fe, Charlie. Mentres tanto Kate e Sawyer reúnense co resto de sobreviventes, pero Kate sente mal por ter que deixar a Jack con "Os Outros". 

60 "Enter 77"
Inserir 77
Stephen Williams Sayid 7 de marzo de 2007 311

Locke, Sayid e Kate investigan unha estraña estrutura e ao seu habitante. Mentres que Sawyer compite nun xogo de ping-pong para recuperar as súas pertenzas. 

61 "Par Avion"
Por avión
Paul Edwards Claire 14 de marzo de 2007 312

Claire sospeita de Charlie cando este mostra unha actitude estraña ao presentar ela unha idea para ser rescatados. Prodúcense tensións entre Sayid e Locke mentres planean un modo de rescatar a Jack. Revélase que Claire e Jack son medio irmáns. 

62 "The Man from Tallahassee"
O home de Tallahassee
Jack Bender Locke 21 de marzo de 2007 313

Ben ofrece a Locke os segredos da illa cando este último está apunto de executar un plan de destrución contra Os Outros ou algo relacionado con eles. Kate descobre que Jack fixo un trato con estes cando finalmente se reúne con el. 

63 "Exposé"
Exposto
Stephen Williams Nikki e Paulo 21 de marzo de 2007 314

Nikki e Paulo aparecen mortos en estrañas circunstancias. Sawyer, Hurley, Charlie, Jin e Sun tentan desvelar o misterio. Ao fin, Sun descobre a verdade sobre o seu último secuestro que se supón que foi realizado polos Outros. 

64 "Left Behind"
Abandonado
Karen Gaviola Kate 4 de abril de 2007 315

Kate é forzada a quedar na selva con Juliet. Hurley advírtelle a Sawyer de que deberá cambiar as súas formas de actuar e o seu carácter ou se verá destinado ao desterro. 

65 "One of us"
Un de nós
Jack Bender Juliet 11 de abril de 2007 316

Finalmente, Jack reúnese cos sobreviventes, pero a alegría tórcese cando o grupo descobre que o doutor está acompañado dun Outro. Mentres, Claire cae enferma. 

66 "Catch-22"
Trampa-22"
Stephen Williams Desmond 18 de abril de 2007 317

Desmond convence a Hurley, Jin e Charlie a que o sigan nunha viaxe pola selva. O flashback revela a Desmond seguindo o "camiño de Deus". Mentres tanto unha desanimada Kate vai en busca de Sawyer despois de ver a Jack e Juliet xuntos. 

67 "D. O. C"
"D. D. C."
Fred Toye Sun 25 de abril de 2007 318

Sun accede a ser examinada por Juliet, tras descubrir que todas as mulleres dos Outros, que estaban embarazadas, morrían antes de dar a luz. Desmond permite que se faga xustiza, dunha maneira moi peculiar, para axudar a salvar a vida dun novo e misterioso habitante da illa. 

68 "The Brig"
O calabozo
Eric Laneuville Locke 2 de maio de 2007 319

Locke sepárase dos Outros, para tratar de convencer a Sawyer, que lle axude a resolver un problema en común; un novo habitante de illa revela unha información espantosa sobre o voo dos sobreviventes. 

69 "The Man Behind the Curtain"
O home trala cortina
Bobby Roth Ben 9 de maio de 2007 320

Ben Linus introduce a Locke nos segredos da illa, incluído o misterioso Jacob e o segredo de Juliet faise público. Os flashbacks mostran a historia de Ben na illa. 

70 "Greatest Hits"
Grandes éxitos
Stephen Williams Charlie 16 de maio de 2007 321

Mentres Jack idea un plan para librarse dos Outros dunha vez por todas, Sayid descobre un erro no sistema dos Outros que podería levarlles a ser rescatados. Pero necesita que Charlie acepte unha perigosa tarefa que poida que faga realidade unha das premonicións de Desmond. 

71/72 "Through the Looking Glass"
A través do espello
Jack Bender Jack 23 de maio de 2007 322/323

Charlie trata de abrir as comunicacións da illa, mentres Sayid, Bernard e Jin enfróntanse ao asalto dos Outros. Jack e os seus compañeiros unirán as súas forzas para contactar co barco de rescate de Naomi.