Carlos Díaz Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1908 Huelva, España |
Morte | 21 de xuño de 1993 (84 anos) Caracas, Venezuela |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario , político |
Partido político | Partido Comunista de España |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Carmen Sierra Domínguez |
Carlos Díaz Rodríguez, nado en Huelva o 29 de xuño de 1908 e finado en Caracas o 21 de xuño de 1993, foi un profesor e político español
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Militante do PCE. Profesor de Xeografía e Historia do Instituto de Sanlúcar de Barrameda en 1933, onde compartiu aulas con Carmen Sierra Domínguez, con quen acabaría casando. Trasladáronse ao Instituto de Linares en 1934.[1] Foi nomeado secretario do Instituto de Linares en marzo de 1935.[2] Despois da guerra instalouse en Pontecesures coa súa muller Carmen Sierra, rexentando a explotación gandeira de Cortinallas.[3] En 1945 mantivo contactos co PCE na clandestinidade, desprazouse a Madrid e entrevistouse con Gabriel León Trilla.[4] Foi detido en Madrid o 19 de xaneiro de 1946. Logrou fuxir a Venezuela a finais de 1947.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con Carmen Sierra Domínguez en 1933 e foi pai de María Dolores e Carlos Díaz Sierra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Gaceta de Madrid, 294, 21-10-1934, p. 553.
- ↑ Gaceta de Madrid, 66, 7-3-1935, p. 1966.
- ↑ Piñeiro Ares, José (1992). "El Foucellas" en el Ullán. Pontecesures: Autor-editor. pp. 29–30. ISBN 84-604-3823-6.
- ↑ Gabriel León Trilla. Un dirigente comunista purgado a manos del estalinismo.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Marco, Aurora (2023). Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos. Santiago de Compostela: Alvarellos. ISBN 978-84-18567-45-2.
- Suso de, Toro (2020). Un señor elegante. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9121-766-4.