Carl Schlechter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Schlechter
Carl Schlechter
Carl Schlechter
Nacemento: 2 de marzo de 1874
Viena Austria Austria
Falecemento: 27 de decembro de 1918
Budapest Hungría Hungría
Nacionalidade: Austríaca Austria
Ocupación: Xogador de xadrez

Carl Schlechter, nado o 2 de marzo de 1874 en Viena (Austria) e finado o 27 de decembro de 1918 en Budapest (Hungría), foi un dos principais mestres de xadrez de comezos do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A partir de 1893 xogou en máis de cincuenta torneos internacionais, nos que chegou a gañar catro veces: Múnic en 1900 (compartido), Ostende en 1906, Viena en 1908 (compartido) e Hamburgo en 1910.

En 1910 enfrontouse nun match contra o entón campión Emanuel Lasker polo Campionato do Mundo (en Viena e Berlín). Necesitaba só un empate na décima e última partida para gañar o campionato, pero tras estar preto de lograr o triunfo, posteriormente tamén deixou escapar as súas posibilidades de táboas, e finalmente tivo que renderse na xogada número 71 dunha partida que se prolongou durante 3 días. Con iso o éxito escapóuselle das mans: o match terminou empatado 5-5 (+1 -1 =8), e Lasker retivo o título.

Tamén xogou con Siegbert Tarrasch en 1911 (táboas) e Akiba Rubinstein en 1918 (derrota).

Morreu en Budapest de pneumonía e desnutrición.

Schlechter foi o típico exemplo do xogador cabaleiroso, que con cortesía ofrecía táboas a opoñentes inseguros. Se o seu rival chegaba tarde á partida, Schlechter distraidamente atrasaba o seu reloxo a fin de non incomodalo. Adestrou a moitos dos seus rivais, incluíndo Oldrich Duras.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]