Caribou (músico)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caribou
Daniel Victor Snaith 2005.jpg
Nome completo Daniel Victor Snaith
Alias Manitoba, Daphni
Naceu 1978
Orixe Dundas, Ontario, Flag of Canada.svg Canadá
Ocupación (s) Músico, produtor
Xénero Música electrónica, IDM, neo-psychedelia, deep house,folktronica, shoegazing
Instrumento(s) Sintetizador, batería, guitarra, baixo
Selo(s) discográfico (s) City Slang, Merge, Leaf, Domino
Tempo en activo 2009–presente
Na rede
http://caribou.fm/

Daniel Victor Snaith, tamén coñecido artisticamente polos nomes Caribou, Manitoba e Daphni é un músico e produtor canadense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Snaith gravou orixinalente co nome artístico de Manitoba, pero despois de ser ameazado cunha demanda por parte de Richard "Handsome Dick" Manitoba, antigo membro da banda de punk rock The Dictators, cambiou o seu nome polo de Caribou. Os anteriores álbums de Snaith foron entón reeditados co seu novo nome, e The Milk of Human Kindness foi edirado no ano 2005 a través de Domino Records. Snaith dixo que a situación era "como The Smiths demandando a John Smith ou algo así".

Cando realiza concertos, Snaith normalmente vai acompañado dunha banda de directo e toca a percusión. Foron excompañeiros seus de banda o baixista Andy Lloyd de Born Ruffians e o batería Peter Mitton, agora produtor da radio CBC. Na actualidade a súa banda en directo está composta por Snaith, Ryan Smith, Brad Weber e John Schmersal. As súas actuacións tamén adoitan a incluír complexas proxecións de video nunha gran pantalla.

O seu álbum de 2007 Andorra gañou o Polaris Music Prize, e o seu traballo de 2010 Swim estivo entre os favoritos neses mesmos premios. En xuño de 2013 Jiaolong, editado baixo o nome artístico de Daphni, foi nomeado para o Polaris Music Prize.

En decembro de 2011 Caribou foi o comisario do festival All Tomorrow's Parties "Nightmare Before Christmas" en Minehead, Inglaterra, xunto con Battles e Les Savy Fav.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

EPs e sinxelos[editar | editar a fonte]

Como Manitoba[editar | editar a fonte]

  • People Eating Fruit EP (30 de outubro de 2000)
  • "Paul's Birthday" CDS (26 de febreiro de 2001)
  • give'r EP (26 de novembro de 2001)
  • If Assholes Could Fly This Place Would Be an Airport 12" (13 de xaneiro de 2003)
  • "Jacknuggeted" CDS (24 de febreiro de 2003)
  • "Hendrix with Ko" CDS (14 de xullo de 2003)

Como Caribou[editar | editar a fonte]

  • "Yeti" CDS/12" (22 de marzo de 2005)
  • Tour-Only CD (Super Furry Animals Tour, Fall 2005)
  • Marino (DVD) (novembro de 2005)
  • "Melody Day" CDS (agosto de 2007)
  • Tour-Only CD (setembro de 2007)
  • "She's the One" (marzo de 2008)
  • Tour-Only CD (abril de 2010)
  • Caribou Vibration Ensemble – live album featuring Marshall Allen (ATP 2010)

Como Daphni[editar | editar a fonte]

  • Resident Advisor, febreiro de 2011 (5 pistas do episodio #246)[1][2]
  • Daphni Edits Vol. 1, 12" [Resista], marzo de 2011
  • Pinnacles / Ye Ye, 12" split w/ Four Tet [Text], marzo de 2011
  • Daphni Edits Vol. 2, 12" [Resista], agosto de 2011
  • JIAOLONG001, 12" [Jiaolong], outubro de 2011
  • Ahora, 12" [Amazing Sounds], novembro de 2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]