ATP Recordings

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ATP Recordings

Compañía nai
Fundado en 2001
Fundador Barry Hogan
Estado
Distribuidoras SRD, Forced Exposure
Xénero(s) varios
País de orixe Reino Unido
Localización Londres
Web oficial ATP Recordings

ATP Recordings é un selo discográfico fundado en 2001 polo promotor de concertos londinense Barry Hogan de Foundation/All Tomorrow's Parties. Orixinalmente creouse para realizar un CD recompilatorio (ATPRCD01) despois de que Tortoise fose o comisario do evento All Tomorrow's Parties. En primeiro lugar, a todos os que asistiron ao festival entregouselles un sampler promocional de edición limitada (PROATPFCD01), cuxo embalaxe facíase eco do estilo de Peter Saville de Factory Records. A recompilación completa seguíulle máis adiante, e de feito outros festivais de ATP tamén terían as súas compilacións, o último deles o Nightmare Before Christmas de 2006, para o cal o selo e a revista Plan B Magazine nun CD gratuíto para os asistentes.

O selo finalmente pasou de realizar recompilatorios do festival a asinar con bandas como Threnody Ensemble, Bardo Pond, The Magic Band, Jackie-O Motherfucker, Deerhoof e White Out (con Jim O'Rourke). Nos últimos anos ATP Recordings medrou e agora temén ten no seu catálogo a Apse, Alexander Tucker, Death Vessel, The Drones, Fuck Buttons, Fursaxa, The Scientists, Sleepy Sun, Built To Spill e Autolux.

Máis recentemente, cara finais do ano 2007, anunciaron plans de publicar unha nova serie de sinxelos dobre de 7" chamada Custom Made, onde os artistas poderían elixir catro cancións: unha algo antiga, unha nova, unha versión e outra a súa elección. Os priemiros artistas en lanzar os seus sinxelos con este formato foron The Drones, Alexander Tucker and Deerhoof.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]