Richie McCaw
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richie McCaw, nado en Oamaru o 31 de decembro de 1980, é un xogador neocelandés de rugby. É o capitán da selección de rugby de Nova Zelandia, e xoga na posición de 3ª liña. Foi premiado como mellor xogador internacional do mundo 3 veces (mais que ningún outro) pola IRB, nos anos 2006, 2009 e 2010.
Índice |
Traxectoria [editar]
McCaw debutou co Canterbury RFU na liga neocelandesa de rugby, a NPC, no ano 2000. Un ano despois, no ano 2001 tamén debutou cos Canterbury Crusaders no Super 12, e foi chamado por primeira vez para xogar cos All Blacks. No ano 2006 foi a súa estrea como capitán da selección do seu país.
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Canterbury RFU | 2000 - | 6 NPC (2001, 2004, 2008, 2009, 2010, 2011) |
| Crusaders | 2001 - | 4 Super Rugby (2002, 2005, 2006, 2008) |
| All Blacks | 2001 - | 1 Mundial (2011) e 7 Tri Nations (2002, 2003, 2005, 2006, 2007, 2008, 2010) |