Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1939

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A segunda edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na localidade de Montreux (Suíza) entre os días 6 e 10 de abril de 1939. Nesta edición participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Inglaterra proclamouse campioa invicta, por diante dos combinados de Italia e Portugal, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 101 goles, cunha media de 4,8 goles por partido.

Torneo[editar | editar a fonte]

No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa, ademais esta edición coincidiu coa XVII edición da Copa das Nacións de Montreux. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
Inglaterra Inglaterra 12 6 6 0 0 22 5 +17
Italia Italia 8 6 4 0 2 27 10 +17
Portugal Portugal 6 6 2 2 2 6 11 -5
Bélxica Bélxica 5 6 2 1 3 10 13 -3
Francia Francia 5 6 2 1 3 11 22 -11
Alemaña 4 6 2 0 4 13 14 -1
Suíza Suíza 2 6 0 2 4 12 26 -14

Resultados[editar | editar a fonte]

Data Resultado
??.04.39 Alemaña 4-1 Suíza Suíza
??.04.39 Francia Francia 5-4 Suíza Suíza
??.04.39 Bélxica Bélxica 4-4 Suíza Suíza
??.04.39 Portugal Portugal 0-0 Suíza Suíza
??.04.39 Italia Italia 8-1 Suíza Suíza
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 5-2 Suíza Suíza
??.04.39 Francia Francia 1-7 Alemaña
??.04.39 Bélxica Bélxica 2-0 Alemaña
??.04.39 Portugal Portugal 2-1 Alemaña
??.04.39 Italia Italia 6-1 Alemaña
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 2-0 Alemaña
??.04.39 Bélxica Bélxica 0-2 Francia Francia
??.04.39 Portugal Portugal 1-1 Francia Francia
??.04.39 Italia Italia 6-1 Francia Francia
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 4-1 Francia Francia
??.04.39 Portugal Portugal 2-1 Bélxica Bélxica
??.04.39 Italia Italia 1-2 Bélxica Bélxica
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 4-1 Bélxica Bélxica
??.04.39 Italia Italia 5-1 Portugal Portugal
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 3-0 Portugal Portugal
??.04.39 Inglaterra Inglaterra 4-1 Italia Italia

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Campionato do Mundo "A" 1936
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
1939
Sucesor:
Campionato do Mundo "A" 1947