Cabo Sacratif

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 36°41′37″N 3°28′05″O / 36.69367, -3.46802

O cabo Sacratif é un cabo español pertencente aos termos municipais de Motril e Gualchos, na costa mediterránea da provincia de Granada. Trátase do punto máis meridional de toda a provincia granadina, no que se localizan os núcleos de Torrenueva, Castell de Ferro, Carchuna, Calahonda, Puntalón, La Perla e La Chucha. O interior do cabo é un pequeno macizo rochoso que se levanta a uns 100 metros sobre o nivel do mar. Está ocupado por unha matogueira de tendencia árida influído polas ventos mariños. Ademais de plantas correntes no Mediterráneo como a palmeira anana ou o romeu, aparecen outras máis raras como a Anabasis articulata, a Lotononis lupinifolia ou a Frankenia corymbosa. Tamén hai elementos seriais como tomiño, cantueso ou esparto.[1]

No litoral do cabo Sacratif destaca o peñón de Jolúcar, a punta de Carchuna, a enseada de Zacatín, a punta do Melonar e a cala de Cambriles.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Cabo Sacratif[Ligazón morta], no Portal Ornitolóxico da Costa Granadina