Cúpula de Soltaniyeh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Coordenadas: 36°26′07″N 48°47′48″L / 36.43528, -48.79667

Patrimonio da Humanidade - UNESCO
CriteriosII, III, IV
Inscrición2005
Identificador1188-001

A atracción central do conxunto de ruínas de Soltaniyeh é o Mausoleo de Il-khan Öljeitü, tamén coñecido como Muhammad Khodabandeh, tradicionalmente coñecida como a Cúpula de Soltaniyeh na cidade de Soltaniyeh, Provincia de Zanyán en Irán.

A estrutura, erixida do 1302 ao 1312, ten a máis antiga dobre cúpula no Irán.[1] Esta opinión sobre a construción foi feita por Dieulafoy pero é disputada por André Godard[2]. En opinión de Godard é unha cúpula normal, aínda que espectacularmente grande, cun revestimento delgado na parte superior para a faienza e de ningunha maneira se trata dunha cúpula dobre. A súa importancia no mundo musulmán pode compararse coa da cúpula de Brunelleschi para a arquitectura cristiá. É unha das maiores cúpulas de ladrillo do mundo, xusto no límite da enxeñaría teórica para unha cúpula dese material e a terceira cúpula máis grande do mundo despois das cúpulas da Catedral de Florencia e Santa Sofía.

A cúpula de Soltaniyeh fixo camiño para a construcións de cúpulas de estilo iraniano máis audaces no mundo musulmán, coma o Mausoleo de Khoja Ahmed Yasavi e o Taj Mahal. Gran parte da súa decoración exterior perdeuse, pero o interior conserva magníficos mosaicos, faienza e murais.

A cúpula, estimada en 200 toneladas de peso, atópase a 49 metros de altura desde a súa base e hoxe está en proceso de renovación.

Galería de fotos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] [Ligazón morta]
  2. Unha enquisa de Arte persa Vol III páxina 1115 [Cómpre clarificar]