Burns Verkaufen der Kraftwerk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Episodio de The Simpsons
"Burns Verkaufen der Kraftwerk"
Episodio número 46
Código de produción 8F09
Data orixinal da estrea 5 de decembro de 1991
Produtor(es) executivo(s) Al Jean
Mike Reiss
Escrito por Jon Vitti
Dirixido por Mark Kirkland
Gag do encerado "The Christmas pageant does not stink."
("O desfile de Nadal non cheira mal.")
Gag do sofá Santa’s Little Helper rosma ameazando. A familia retrocede lentamente.
Estrela(s) invitada(s) Phil Hartman

"Burns Verkaufen der Kraftwerk" (en galego, "Burns vende a central de enerxía") é o undécimo episodio da terceira temporada da serie de animación The Simpsons. A súa primeira emisión foi o 5 de decembro de 1991. Neste episodio, o Sr. Burns, deprimido por desexar acadar certos intereses, decide vender a planta de enerxía nuclear a dous inversores alemáns por 100 millóns de dólares.

"Burns Verkaufen der Kraftwerk" foi escrito por Jon Vitti e dirixido por Mark Kirkland. O título do episodio está nun alemán inexacto, dado que o correcto sería Burns verkauft das Kraftwerk. Nel, fanse diversas referencias ao discurso "ich bin ein Berliner" de Kennedy, a The Godfather Part II e á fotografía de Richard Nixon con Elvis Presley. O episodio recibiu gabanzas por varias das súas escenas, especialmente aquela na que Homer danza nunha imaxinaria "Vila do chocolate", usada despois como guía no xogo The Simpsons Game.

Argumento[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

Homer descobre que posúe 100 accións da Planta de enerxía nuclear de Springfield e decídeas vender por 25 centavos cada unha, gañando un total de vinte e cinco dólares que gasta en cervexa. Logo diso, o valor das accións sobe ata acadar a cifra de 52 dólares a acción e os demais empregados fan pequenas fortunas coa súa venda, agás Homer.

O motivo do gran valor das accións é o Sr. Burns que, deprimido, decide vender a central nuclear a dous empresarios alemáns, Hans e Fritz, por cen millón de dólares, co fin de poderse dedicar a outros intereses. Deseguida comezan a avaliar a planta e os seus empregados. Cando se entrevistan con Homer, este é incapaz de responder intelixentemente ás súas preguntas e empeza a fantasiar coa "Vila do chocolate". Como consecuencia da súa ineptitude é despedido.

Na casa, Homer insiste en que é competente, á par que o resto da familia recorta os seus fondos ata que atope un novo traballo. Entrementres, Burns goza da súa xubilación e decide ir á Taberna de Moe para beber. Alí, Homer, Bart, Moe, Barney e mais o resto de clientes búrlanse del con sorna cantándolle "Na Na Hey Hey Kiss Him Goodbye" por ter feito o que fixo, sen preocuparse dos demais nin das consecuencias. Burns vaise con Smithers e comprende que a posesión da planta nuclear outórgalle poder sobre os demais e volve mercar a central pola metade. Os investidores alemáns están dispostos a devolverlle a planta a Burns xa que a reparación dela ha custar outros cen millóns de dólares. Finalmente, contratan de novo a Homer.

Os detalles da trama e/ou do argumento rematan aquí.

Referencias culturais[editar | editar a fonte]

Elvis Presley dálle a man a Richard Nixon.

A música que soa durante a fantasía de Homer vén da película Tucker[1]. Ademais, o música do episodio de The Itchy and Scratchy Show trátase de Morning Mood de Peer Gynt. A fotografía de Burns con Elvis Presley constitúe unha referencia á fotografía semellante que Elvis ten con Richard Nixon. Por outra banda, cando Burns chama a Smithers para darlle a imaxe, pronuncia as mesmas palabras que Alexander Graham Bell dixo por vez primeira a través do teléfono: "Veña aquí, necesítoo"[2]. Tamén se cita o poema Barefoot Boy de John Greenleaf Whittier[3] en boca de Burns, que comenta: "Quero ter preto aos meus amigos, pero máis aínda aos meus inimigos", referencia a unha cita de The Godfather Part II. O supervisor alemán, Horst, menciona que se asemella ao Sarxento Schultz de Hogan's Heroes; os animadores e guionistas baseáronse neste personaxe, incluíndo o xersei gris[4]. O alcalde Quimby declara nun discurso "ich bin ein Springfielder", tirado da frase "ich bin ein Berliner" de Kennedy[4].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Groening, Matt. The Simpsons season 3 DVD commentary for the episode "Burns Verkaufen der Kraftwerk" [DVD]. 20th Century Fox.
  2. Reiss, Mike. The Simpsons season 3 DVD commentary for the episode "Burns Verkaufen der Kraftwerk" [DVD]. 20th Century Fox.
  3. Martyn, Warren; Wood, Adrian (2000). "Burns Verkaufen der Kraftwerk?". BBC. http://www.bbc.co.uk/cult/simpsons/episodeguide/season3/page11.shtml. Consultado o 2009-08-29.
  4. 4,0 4,1 Groening, Matt. The Simpsons season 3 DVD commentary for the episode "Burns Verkaufen der Kraftwerk" [DVD]. 20th Century Fox.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]