Brian O'Driscoll
Brian O'Driscoll, nado en Clontarf, preto de Dublín, o 21 de xaneiro de 1979, é un xogador irlandés de rugby. Xoga na posición de centro no Leinster Rugby da Magners League e na selección de rugby de Irlanda. Foi candidato a ser nomeado mellor xogador internacional do mundo nos anos 2001, 2002 e 2009, aínda que non chegou a gañar ningunha das 3 veces. É o xogador irlandés que mais ensaios anotou na historia do 6 Nacións.
Índice |
[editar] Traxectoria
De neno xogaba a fútbol gaélico antes de comezar co rugby. Xogou en tódalas categorías inferiores da selección irlandesa, acadando en 1998 o campionato do mundo sub-19. En 1999 debutou con Leinster Rugby e na selección de rugby de Irlanda. O'Driscoll é o capitán de Irlanda dende o 2003, ano da retirada de Keith Wood. Formou parte dos British & Irish Lions nas xiras por Australia de 2001, Nova Celandia de 2005 (como capitán), e Sudáfrica de 2009. Foi elexido mellor xogador do Torneo das Seis Nacións nos anos 2006, 2007 e 2009. Will Carling, importante ex-xogador inglés, publicou en 2007 unha lista personal sobre os 50 mellores xogadores de rugby de tódolos tempos, e O'Driscoll ocupaba a 10ª posición. A revista Rugby World elexiuno como mellor xogador de rugby da década entre 2000 e 2009. É o máximo anotador de ensaios da historia do XV do Trevo, ocupando a 9ª praza na lista dos máximos anotadores internacionais da historia.
O xogo de Brian O'Driscoll é moi veloz, técnico, rompe as liñas defensivas continuamente creando perigo e ocasións para anotar, con cambios de ritmo e dirección espectaculares.
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Leinster Rugby | 1999 - | 2 Heineken Cup (2008/09, 2010/11), 2 Magners League (2001/02, 2007/08) |
| XV do Trevo | 1999 - | 1 Torneo das Seis Nacións (2009) |