Brewster F2A Buffalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brewster F2A Buffalo
Brewster Buffalo F2A-2.jpg
F2A-2 Buffalo
Tipo caza embarcado
Fabricante Brewster Aeronautical Corporation
Primeiro voo 2 de decembro de 1937
Introducido abril de 1939
Retirado 1948
Construídos 509

O Brewster F2A Buffalo foi un caza estadounidense usado durante a Segunda Guerra Mundial. Comezou a desenvolverse no verán de 1935 e realizou o seu primeiro voo o 2 de decembro de 1937. Foi o primeiro caza monoplano da US Navy, entrando en servizo en xuño de 1939.

A súa primeira versión, a F2A-1 non se considerou axeitada para o servizo embarcado, e todos os exemplares agás 11 foron cedidos a Finlandia a principios de 1940. Os 43 aparellos cedidos foron substituídos polo mesmo número de F2A-2, que tiña un motor máis potente e algunha mellora máis. A súa principal variante de serie sería a F2A-3, que viña equipada con blindaxe, polo que as súas prestacións operacionais se viron bastante minguadas.

Ademais dos que entraron en servizo cos Estados Unidos, costruíronse ao redor de 300 exemplares como cazas terrestres para Bélxica, as Indias Orientais Neerlandesas e Reino Unido.