Nakajima Ki-43

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima Ki-43 Hayabusa
Ki-43 IIa
Tipocaza
FabricanteNakajima
Deseñado porHideo Itokawa
Primeiro vooxaneiro de 1939
Introducidodecembro de 1941
Retirado1945 (Xapón)
1952 (China)
Unidades construídas5.919

O Nakajima Ki-43 Hayabusa (falcón peregrino) foi un caza monopraza xaponés usado durante a segunda guerra mundial. Foi numericamente o caza máis importante do Exército Imperial xaponés durante a guerra xa que se fabricaron 5.919 unidades. Voou por primeira vez en xaneiro de 1939 e entrou en servizo en outono de 1941. O seu alcume entre os aliados foi "Oscar".

O Ki-43 era máis manobrable que os seus opoñentes, pero apenas tiña bluindaxe e o seu armamento foi pobre ata a súa derradeira versión en 1944. A pesar diso o Ki-43 derrubou máis avións aliados que calquera outro caza xaponés, e case todos os ases da forza aérea xaponesa conseguiron derribos nel. Os pilotos aliados adoitaban dicir que este áxil avión era un obxectivo difícil, pero que ardía ou era derrubado doadamente con moi poucos impactos.

A produción total foi de 5.919 unidades, e moitos deles foron usados durante os últimos meses da guerra en misións kamikaze contra a frota estadounidense.