Brad Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brad Davis
Posición Base
Dorsal 30, 20, 12, 15
Altura 1,91 m (6 ft 3 in)
Peso 82 kg (180 lb)
Nacemento 17 de decembro de 1955 (58 anos)
Flag of Pennsylvania.svg Monaca, Pensilvania
Carreira
Tempadas 19771992
NBA Draft 1977 / Rolda: 1 / Elección: 15

Escollido por Los Angeles Lakers

Universidade Maryland
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     7 866 (8,2 pp)
Rebotes     1 738 (1,8 pp)
Asistencias     4 709 (4,9 pp)
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios

Bradley Ernest Davis, nado o 17 de decembro de 1955 en Monaca, Pensilvania, é un ex xogador profesional e adestrador asistente de baloncesto estadounidense que xogou 15 tempadas na NBA. Con 1,90 metros de altura, facíao na posición de base. É, xunto con Rolando Blackman, un dos dous únicos xogadores dos Dallas Mavericks que viron a súa camiseta retirada como homenaxe á súa carreira.[1] Hoxe traballa como comentarista na televisión dos Mavs.

Traxectoria deportiva[editar | editar a fonte]

Universidade[editar | editar a fonte]

Xogou durante tres tempadas cos Terrapins da Universidade de Maryland, nas que fixo unha media de 12,2 puntos, 5,1 asistencias e 3,1 rebotes por partido.[2] Na súa primeira tempada foi incluído no segundo mellor quinteto de rookies da Atlantic Coast Conference, tras facer 12,6 puntos e 4,6 asistencias por encontro.[3]

Profesional[editar | editar a fonte]

Foi elixido na décimo quinta posición do Draft da NBA de 1977 por Los Angeles Lakers,[4] onde na súa primeira tempada como profesional atopouse co posto de base ocupado por Norm Nixon, xogando en tan só 33 partidos da tempada regular, nos que fixo 2,5 puntos e 2,5 asistencias.[5] Nada máis comezada a tempada 1978-79 foi despedido polos Lakers, continuando a tempada nos Great Falls Sky da WBA. En febreiro de 1979 asinou por Indiana Pacers como axente libre,[6] xogando alí até o final da tempada.

Ao ano seguinte comezou a tempada en Alasca, nos Anchorage Northern Knights da CBA,[7] ata que foi chamado por Utah Jazz, cos que ficharía até o final da tempada.[6] Tiña pensado deixar o baloncesto e terminar a súa carreira universitaria, prol foi persuadido por Bob Weiss, adestrador asistente dos Dallas Mavericks para que fichase polo seu equipo.[8] Chegou a unha franquía nova, na súa primeira tempada na liga, e rapidamente se fixo co posto de base titular. Na súa primeira campaña cos Mavs fixo 11,2 puntos e 6,9 asistencias por partido, [9] os seus mellores números como profesional até ese momento. Ao ano seguinte consolidouse no seu posto, e nas dous seguintes colocouse entre o dez mellores pasadores da liga, facendo 7,2 e 6,9 asistencias respectivamente.[10]

Na tempada 1986-87 cedeu o seu posto de titular a Derek Harper, pero seguiu achegando ao seu equipo. Esa tempada, con menos de 20 minutos en pista por partido, fixo 7,0 puntos e 4,5 asistencias.[11] Xogou 5 tempadas máis no equipo, retirándose ao termo da tempada 1991-92. Poucos meses despois, foi o primeiro xogador dos Mavs que viu colgada a súa camiseta do alto do pavillón, sendo retirado o seu número 15. Foi o último xogador do cadro de xogadores da primeira tempada dos Mavericks en retirarse, permanecendo no equipo oito anos máis que ningún outro xogador daquel persoal da tempada 1980-81. É un dos únicos 15 xogadores que completaron 15 tempadas na NBA.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]