Boundin'

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boundin'
Título orixinal
[[Ficheiro:|200px| ]]
Ficha técnica
Director Bud Luckey
co director
Roger L. Gould
Produtor Osnat Shurer
Guión Bud Luckey
Baseado en
Intérpretes Bud Luckey (narrador)
Música Bud Luckey
Fotografía Jesse Hollander
Montaxe Steve Bloom
Estudio Pixar Animation Studios
Walt Disney Pictures
Distribuidor Buena Vista Pictures
Ano 2003
Duración 5 minutos
País Estados Unidos de América Estados Unidos
Xénero Animación
Orzamento
Recadación {{{recadación}}}
Filme anterior
Filme seguinte
Ficha en IMDb

Boundin' é unha curtametraxe de animación de Pixar estreada no 2003. Foi emitida nos cines antes da estrea de The Incredibles.[1]

Argumento[editar | editar a fonte]

A curta está protagonizada por unha ovella, que vive no oeste americano, cuxa elegancia e baile son moi populares entre os outros animais. Un día, o seu pastor chega e rápalle a la. Sen a súa fermosa cobertura, a ovella vólvese tímida e perde a confianza que lle facía bailar tan elegantemente. Tan apoucado estaba que un jackalope que se cruza con el ensínalle as vantaxes de "chimpar" ben alto. A ovella esquece o seu problema cos chimpos e recupera a súa vida feliz. A la vólvelle medrar no inverno, só para que lla volvan cortar de novo, pero o seu orgullo está restaurado e xa non lle importa.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
For the Birds
Curtametraxes de Pixar Animation Studios
2003
Sucesor:
One Man Band