Bloc Català
| Bloc Català | |
|---|---|
| Antigo partido político de Cataluña Norte | |
| Líder | Gérard Tarrius (Presidente) Jordi Vera (Secretario Xeral) |
| Fundación | 23 de outubro de 2001 O 3 de decembro de 2006 transformouse na federación de Convergència Democràtica de Catalunya en Cataluña Norte |
| Sede | Perpiñán |
| Ideoloxía | Nacionalismo catalán |
O Bloc Català foi un partido político da Cataluña do Norte creado o 23 de outubro de 2001. Defínese como unha formación de centro-esquerda que promulga unha identidade catalá aberta ó mundo. Unha das súas propostas é a creación dunha rexión catalá do norte dentro do estado francés.
Este partido foi un dos motores do movemento hostil á denominación Septimanie que pretendía impulsar o Presidente da rexión Llenguadoc-Rosselló Georges Frêche. Como símbolo da resistencia catalá a este cambio forzado adoptou como mascota o Burro enmascarado.
Participa dende 2002 en tódalas eleccións da Cataluña do Norte: as cantonais, lexislativas, rexionais e europeas.
O 3 de decembro de 2006, o Bloc Català trocou de nome e converteuse nunha federación autónoma, representante da Cataluña Norte, no seo de Convergència Democràtica de Catalunya.