Blas Infante
Blas Infante Pérez de Vargas, nado en Casares o 5 de xullo de 1885 e finado en Sevilla o 11 de agosto de 1936, foi un político andaluz, considerado oficialmente polo Congreso dos Deputados e polo Parlamento de Andalucía como o "Pai da Patria andaluza",[1] por ser o máximo ideólogo do nacionalismo andaluz.
Índice |
Biografía [editar]
O seu pai, Luís Infante Andrade, licenciado en Dereito, foi secretario do Xulgado de Casares, e a súa nai, Ginesa Pérez de Vargas, viña dunha familia de labradores de clase media. Estuda o bacharelato nos Escolapios de Archidona ata 1899. A familia Infante pasou polos apuros comúns dos andaluces do 1898, a crise económica da perda de Cuba e Filipinas tralos gastos da guerra sacode con forza. Blas ten que deixar a escola por motivos económicos e remata o bacharelato por libre.
Desde 1900 traballa como escribano no Xuzgado de Casares, ó tempo que estuda na Facultade de Dereito da Universidade de Granada á que viaxaba en xuño e setembro para examinarse como alumno libre. Finaliza a carreira en 1906.
Tras aprobar as oposicións en 1909, exerce como notario en Cantillana (Sevilla) a partir de 1910, o que aproveita para entrar en contacto co ambiente intelectual sevillano e coas ideas políticas rexionalistas, especialmente cos membros do ateneo sevillano. Reforza o seu coñecemento das xentes de Andalucía exercendo a súa función de notario noutras localidades como Isla Cristina durante os anos 20.
Ó poder observar o estado dos xornaleiros andaluces queda fortemente impresionado, chegando a escribir anos máis tarde:
Notas [editar]
- ↑ O Parlamento de Andalucía aprobou de xeito unánime en 1983 que no Preámbulo do Estatuto de Autonomía para Andalucía, se recoñecera a Blas Infante como «Pai da Patria Andaluza». Recoñecemento que é revalidado na reforma do Estatuto de Autonomía, sometida a Referéndum popular o 18 de febreiro de 2007.