Bernardo Barreiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bernardo Barreiro de Vázquez Varela [1], nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1850 e finado na Coruña o 27 de novembro de 1904, foi un historiador, xornalista e poeta galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi arquiveiro da Deputación Provincial da Coruña (1881) e estudou os distintos arquivos galegos así como outros documentos relativos a Galicia conservados noutras bibliotecas, especialmente no Arquivo de Simancas. Militante do Partido Republicano, foi secretario do Comité Revolucionario de Santiago de Compostela. Pola súa actividade política, exiliouse dúas veces en Arxentina, onde redactou os estatutos do Centro Galego de Bos Aires e desempeñou o cargo de Presidente da Comisión de Instrución.

Os seus primeiros traballos apareceron en La Estrella Compostelana e La Aurora de Galicia. Fundou e dirixiu o xornal La Revolución e a revista Galicia Diplomática (1882-1889), no que publica distintos traballos sobre a Inquisición en Galicia. Tamén colaborou en El Heraldo Gallego, Gaceta de Galicia, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e El Diario de Santiago.

Obras[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Las leyendas de María. Colección histórico-arqueológica de bellas artes, costumbres, antigüedades, tradiciones y santuarios de Galicia (Santiago de Compostela, 1872).
  • Efemérides de Galicia (1877).
  • Testimonio de la capitalidad de Galicia (Santiago, 1882).
  • Guía histórica, arqueológica y militar de la antigua capital de Galicia, Santiago (Santiago, 1885).
  • Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano (A Coruña, 1885)
  • Una audiencia en el Tribunal del Santo Oficio de Santiago (Santiago, 1888).

Artigos[editar | editar a fonte]

Os seguintes textos foron publicados na revista Galicia Diplomática, que dirixía:

  • Información sobre la entrada de los turcois en Cangas y el daño que hicieron (Ms. inédito oerteneciente al Excmo. Ayuntamiento de Santiago). Memorial de muertos, cautivos, casas y haciendas que se quemaron y robaron (nº 7, 12, 29, 46 e 92, 1883).
  • Archivo de la Inquisición en Galicia. Apuntes sobre bibliografía y lecturas prohibidas desde 1800 a 1819 (nº 13 a 19, 1883).
  • Restablecimiento del Tribunal del Santo Oficio en Santiago (nº 16, 1883).
  • Inquisición en Galicia. Las casas primitivas del Santo Oficio en Santiago (nº 35, 1983).
  • Archivos secretos. Adiciones y notas a una lista de Inquisidores de Galicia desde el establecimiento del Santo Oficio en Santiago hasta el año de 1700 (nº 20 a 26, 1888).
  • Archivos secretos del Tribunal de la Inquisición de Galicia. Proceso contra el Alcaide Juan de Quiroga (nº 23, 1889).

Poesía[editar | editar a fonte]

  • O desterro (Camiño de Portugal), 1879.

Inéditos[editar | editar a fonte]

Sábese que ó morrer tiña moi adiantados outros dous traballos: un estudo titulado Archivos secretos de la Inquisición de Galicia, León y Asturias. Historia diplomática de este Tribunal Apostólico desde su establecimiento hasta su abolición, e unha novela titulada Los judíos de Ribadavia, sobre os sucesos acaecidos nesta localidade entre 1606 e 1610 ó redor do xuízo a varios veciños, xudeus conversos, acusados de manter os seus rituais en segredo [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Asinaba como Bernardo Barreiro de W, unindo neste dobre uve os apelidos Vázquez Varela.
  2. Desta novela publicáronse dous capítulos (Pontevedra, 1885).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Barreiro de W., Bernardo: Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano, Toxosoutos, Noia 2008. Prólogo de Clodio González Pérez.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]