Berlanga de Duero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 41°27′54″N 2°51′40″W / 41.46500°N 2.86111°W / 41.46500; -2.86111

Berlanga de Duero
Flag of None.svg Escudo de Berlanga de Duero.svg
Berlanga DSCN8853.JPG
Vista da localidade
Situación xeográfica
Berlanga de Duero (Soria) Mapa.svg
País España España
Com. Autónoma Castela e León
Provincia Soria
Comarca Comunidad de villa y tierra de Berlanga
Xeografía
Altitude 936 msnm
Superficie 220,18 km²
Poboación
Poboación 981 hab. (2012)
Densidade 4,46 hab./km²
Xentilicio berlangués/esa
Información
Código postal 42360
Alcalde Jesús María del Carmelo Herrero González (PP)
Páxina web Páxina oficial

Berlanga de Duero é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 981 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 220,18 km².

Por ela discorren tres ríos: Douro, Escalote e Talegones.

Ten os Altos de Barahona ao sur, o portillo de Andaluz a tres quilómetros, e o abrazo do Douro.

A súa altura máis significativa, "O Coborrón", protexe o cerro sobre o que se asenta o castelo, pensado tamén como protección.

A importancia histórica da vila compréndese por acharse na liña do Douro, divisoria, durante toda a Idade Media, dos reinos mouros e cristiáns primeiro, e dos casteláns e aragoneses máis tarde. Formaba, xunto coas fortalezas de Gormaz, Osma, San Esteban e Atienza, esa liña que era conquistada unha e outra vez, tanto polos cristiáns como pola cruz.

Barrios[editar | editar a fonte]

Hortezuela, La Estación, Andaluz, Morales, Brías, Paones, Alaló, Abanco, Ciruela, Lumías e mais o despoboado de Cabreriza.

O castelo de Berlanga de Duero[editar | editar a fonte]

O esplendor desta vila chegaría no Renacemento, cando os condestables de Castela, os Fernández de Velasco, duques de Frías e marqueses de Berlanga, foron "premiados" con a comunidade de Vila e Terra, polos servizos prestados á coroa.

Alí sentaron os seus reais, engrandeceron a vila, mandaron construír a colexiata, edificaron a súa propia residencia, refixeron os restos do emblemático castelo, fundaron un mosteiro, un hospital, alzaron o rolo ou picota á entrada para dicir a todo o que pasase, de quen era a vila, a quen se debía respecto e obediencia, quen impoñía e executaba a lei, e, en definitiva, a quen debían pagar os seus impostos os súbditos da maxestade de quenda.

E daquela época son todos os restos que o visitante pode contemplar.

Á entrada, xunto ao silo, álzase maxestuoso o rolo gótico, din que o exemplar máis belo e mellor conservado de toda a provincia.

Só desdice a súa situación, sen dúbida a primitiva. No seu día o emblema sería visto desde todos os lugares, pero, co discorrer do tempo edificouse a todo ao redor, escondéndoo á vista do visitante.

Moi próximo a el, o único resto visible do que foi o recinto murado que pechaba a vila: a Porta de Aguilera, na que pode verse, coroando a entrada, unha gran concha do peregrino. Fronte a ela, a ermida das Torres alberga a imaxe do mesmo nome, pola que os berlangueses senten veneración, ofrecéndolle unha festa o 24 de setembro, con poxa de banzos e cánticos no convento. Esta ermida formaba parte do hospital de peregrinos, do que só se conserva a enorme cheminea, ao redor da cal reuníanse os peregrinos para comer unha sopa, quentarse e curar, no seu caso, de feridas e enfermidades.

Ermidas[editar | editar a fonte]

Pásase ao interior de Berlanga pola porta de Aguilera. A praza, moi ben restaurada e amoblada, foi e segue sendo o centro de reunión, de xogos, de festas e bailes; letanías, rogativas e procesións.

Da praza irradian varias rúas. A Real, onde pode verse algún escudo, palacete, as ruínas doutro, e a primeira casa dos Frías, hoxe convertida en hotel.

Outra rúa diríxese ao río Escalote, á arboreda, á "Horta dos morais"; antes estes eran as paraxes de verán dos berlangueses, desde hai anos trasladáronse cara ás piscinas, o polideportivo e o albergue.

Unha rúa máis ascende cara á colexiata. Mandárona edificar os condestables e, para iso, utilizaron as pedras dunhas sete igrexas románicas. Só queda, daquela época, un tímpano colocado sobre a entrada á igrexa do convento. A colexiata, renacente no seu exterior, é gótica por dentro.

Ao pé da mole do castelo poden verse os restos do palacio dos condestables.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]