Benoît de Sainte-Maure
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benoît de Sainte-Maure foi un poeta normando ou de Tours do comezo do século XII.
Índice |
Obras [editar]
- Le roman de Troie (1160-1170). Escrito en versos octosílados con rimas emparelladas, este romance é a principal obra medieval en lingua románica tratando a Guerra de Troia. O autor proponse pór en forma de romance os curtos versos da obra latina De Excidio Troiae, de Dares, o Frixio, e de Dicte de Creta, recusando a fonte homérica - considerada mentirosa por el. Por moito tempo considerouse que a obra fora dedicada a Leonor, Duquesa da Aquitania e encomendada por ela como homenaxe a unha "riche dame de riche rei" (rica dama de rico rei). Este feito é posto en dúbida xa que a fórmula utilizada pode tanto remitir á Virxe María como a calquera outra raiña que puidese remunerar o autor.[1]
Esta obra serviu de fonte de dúas obras galegas do século XIV: a Crónica troiana e a Historia troiana.
- L’Estoire des Ducs de Normandie (Historia dos Duques da Normandía)(1175), encomendada polo rei da Inglaterra Henrique II, con base nos textos de diversos cronistas. Ele adopta de Dudon de Saint-Quentin a tripartición da sociedade feudal.[2]
Bibliografia [editar]
- Histoire des ducs de Normandie et des rois d’Angleterre, Éd. Francisque Michel, New York, Johnson Reprint Corporation, 1965
- Baumgartner, Emmanuèle. Le Roman de Troie, Paris, Union générale d’éditions, 1987 ISBN 2264010754
- Croizy-Naquet, Catherine. Thèbes, Troie et Carthage : poétique de la ville dans le roman antique au XIIème, Paris ; Genève, Champion ; Slatkine, 1994
- Gauthier, Anne Marie. Édition et étude critique du cycle des retours du Roman de Troie de Benoît de Sainte-Maure d’après le manuscrit Milano,
Biblioteca Ambrosiana D 55 sup et six manuscrits de contrôle, Ottawa, Bibliothèque nationale du Canada, 1999
- Pey, Alexandre. Essai sur le Roman d’Enéas, Paris. 1856, in-8°.
Notas [editar]
- ↑ Este poema foi publicado en conxunto cun estudo de Aristide Joly (in-4, 1870) e en 1904-1912 por Léopold Constans.
- ↑ Esta crónica foi publicada por Francisque Michel (3 volumes, in-4, 1836-1844).