Behati Prinsloo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBehati Prinsloo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (35 anos)
Vanderbijlpark, Suráfrica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNamibia Editar o valor em Wikidata
Altura180 cm Editar o valor em Wikidata
Peso53 kg Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAbelanado Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo loiro escuro Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteStorm Management (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAdam Levine (2014–)
FillosDusty Rose Levine (en) Traducir, Sumner Levine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2940272 Facebook: BehatiPrinsloo Twitter: BeePrinsloo Instagram: behatiprinsloo Editar o valor em Wikidata

Behati Prinsloo, nada en Vanderbijlpark (Suráfrica) o 16 de maio de 1988,[1][2][3] é unha supermodelo e activista namibia. En 2008, converteuse en modelo contratada por Pink, e pasou a ser un dos "Anxos" de Victoria's Secret en 2009.[4] Desfilou en nove Victoria's Secret Fashion Show (2007–2015; 2018–presente). Abriu os espectáculos Victoria's Secret Fashion de 2014 e 2015.[5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en 1988 en Vanderbijlpark, Suráfrica, e medrou na cidade namibia de Grootfontein dende os tres anos de idade. É filla de Louis François "Boet" Prinsloo, que é ministro do cristianismo protestante, e de Magda Rossouw, que atendía un bed and breakfast.[6]

A súa familia é africáner e Prinsloo criouse co afrikaans como lingua materna, aínda que estudou en inglés.[7]

Con 16 anos foi descuberta por un fotógrafo nun supermercado de Cidade do Cabo. O fotógrafo deulle unha tarxeta da axencia Storm para que ela a visitase. Unha semana máis tarde, Prinsloo visitou a axencia e creou o seu primeiro portafolio. A fundadora da axencia, Sarah Doukas viu as súas fotos e levouna a traballar como modelo en Londres.[6][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Behati Prinsloo". People. People. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  2. people (ed.). "behati turns 30". 
  3. "behati 30". people. 
  4. AskMen (ed.). "Behati Prinsloo". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2012. Consultado o 7 de marzo de 2013. 
  5. "New Mom Behati Prinsloo Says She'll Return to the Victoria's Secret Fashion Show Next Year". 27 de novembro de 2016. 
  6. 6,0 6,1 Fashonista (1 de abril de 2009). "Life with Behati Prinsloo" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  7. Fashion interviews (18 de xullo de 2006). "Behati Prinsloo Interview" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2017. 
  8. LA times (22 de decembro de 2013). "THVM line is a natural fit for model Behati Prinsloo" (en inglés). Consultado o 28 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]