Beatrice Shilling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeatrice Shilling

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de marzo de 1909 Editar o valor em Wikidata
Waterlooville, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte4 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Farnborough, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Broncopneumonia (pt) Traducir e Cancro de mama Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (–1927)
Reino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Manchester Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría aeroespacial Editar o valor em Wikidata
OcupaciónEnxeñeiro de aviación , piloto de motociclismo , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorRoyal Aircraft Establishment (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
DeporteMotociclismo Editar o valor em Wikidata
Premios

Beatrice (Tilly) Shilling, nada en Waterlooville, Hampshire, o 8 de marzo de 1909 e finada o 18 de novembro de 1990, foi unha enxeñeira aeronáutica británica.[1] Durante a segunda guerra mundial ideou o coñecido como "orificio de Miss Shilling", un pequeno disco de metal similar a unha arandela clave para o bo funcionamento dos cazas británicos durante a segunda guerra mundial.[2]

Ademais, disputou carreiras de motos na década de 1930, e competiu en campionatos de automobilismo despois da guerra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Shilling, á idade de 14 anos comprouse unha moto que modificou, decidindo converterse en enxeñeira.[3] Despois de completar a escola secundaria, traballou para unha compañía de enxeñaría eléctrica durante tres anos, instalando cables e xeradores. Margaret Partridge animouna a estudar enxeñaría eléctrica na Universidade de Manchester, licenciándose en 1932. Permaneceu alí durante un ano máis para obter a mestría en enxeñaría mecánica. Non puido atopar traballo como enxeñeira durante a Gran Depresión económica dos anos 1930, polo que se incorporou como asistente de investigación do profesor G. F. Mucklow na Universidade de Birmingham.[4] En 1936 foi recrutada como oficial científico do "Royal Aircraft Establishment" (RAE), a axencia de investigación e desenvolvemento da Royal Air Force (RAF) en Farnborough, Hampshire, onde continuou até a súa xubilación en 1969.

Segunda guerra mundial[editar | editar a fonte]

Shilling interveu en numerosos proxectos da RAE durante a segunda guerra mundial.

O orificio de Miss Shilling[editar | editar a fonte]

Durante a batalla de Francia e a batalla de Inglaterra en 1940, os pilotos da RAF descubriron un grave problema nos avións de combate con motores Rolls-Royce Merlin, como o Hurricane e o Spitfire. Cando o avión picaba co morro cara a abaixo para comezar unha manobra de descenso, o carburador alagábase de combustible, provocando que o motor se detivese.

Os cazas alemáns utilizaban motores con inxección de combustible, polo que non tiñan este problema. Así, en combate, un caza alemán podía evadirse facilmente dun perseguidor da RAF realizando unha manobra con aceleración g negativa, manobra que o avión británico non podía realizar.

Shilling ideou a solución deste problema. Tratábase dun dedal de latón cun orificio no medio (posteriormente perfeccionado coa forma dunha arandela plana), que podería ser instalado no carburador do motor sen necesidade de deixar o avión temporalmente fóra de servizo. O limitador permitía axustar o fluxo máximo de combustible, evitando a inundación do carburador. En marzo de 1941, Shilling organizou un pequeno equipo que percorreu todas as bases da RAF, instalando o dispositivo en todos os motores Merlin. O dispositivo foi inmensamente popular entre os pilotos, que cariñosamente o chamaron o "orificio de Miss Shilling", ou simplemente, o "orificio de Tilly" (de acordo co sobrenome de Shilling). Continuou utilizándose até a introdución de carburadores presurizados en 1943.[5]

Vida posterior[editar | editar a fonte]

Despois da guerra, Shilling traballou en varios proxectos, incluíndo o mísil Blue Streak[4] e o efecto das pistas molladas no freado.[1] Foi descrita por un dos seus colegas científicos como "unha pioneira da liberación das mulleres". Sempre rexeitou calquera suxestión de que, como muller, puidese ser inferior a un home en materias técnicas e científicas. Con todo, o seu forte carácter e o seu desprezo pola burocracia levouna a unhas tensas relacións coa administración. Shilling traballou para a RAE até 1969, alcanzando un posto de alto rango no Departamento de Enxeñaría Mecánica.

Recibiu un doutoramento honorario da Universidade de Surrey, pertenceu á Institución de Enxeñeiros Mecánicos, e á Women's Engineering Society(WES).

Deportes do motor[editar | editar a fonte]

Participou en carreiras de motos na década de 1930, vencendo a corredores profesionais como Noel Pope, e foi galardoada coa Estrela de Ouro por dar a volta ao circuíto de Brooklands na súa motocicleta Norton M30 a 106 millas por hora (171 km/h).[6]

Despois da segunda guerra mundial, Shilling e o seu marido, George, empezaron a competir con coches de carreiras, que eles mesmos modificaban e puñan a punto no taller da súa casa. Comezaron a súa carreira cun Lagonda Rapier que alixeiraron considerablemente, e entre 1959 e 1962 pilotaron un Austin-Healey. Cun Sebring Sprite, frecuentemente nas reunións organizadas en Goodwood, obtiveron numerosos terceiros postos e mesmo unha vitoria. A carreira de piloto de George deu un salto importante en 1961, coa adquisición dun Elva 200 Fórmula Júnior monopraza, pero debido aos accidentes que sufriron ambos, convertérono nun deportivo Mk VI.[7]

En 1967, o piloto e deseñador de coches de carreiras estadounidense Dan Gurney, contou con Shilling para axudarlle a resolver os problemas de sobrequencemento do seu bólido de Fórmula 1, o Eagle Mk1.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • En 2015, o Museo de Brooklands adquiriu a colección das insignias e trofeos que obtivo nas carreiras.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Haines, Catharine M. C. (2001). International Women in Science: A Biographical Dictionary to 1950. ABC-CLIO. pp. 288. ISBN 1576070905. 
  2. "MAGNIFICENT WOMEN: Beatrice Shilling." (PDF). Women's Engineering Society. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27-05-2020. Consultado o 3-5-2020. 
  3. Montague, Charlotte, author. Women of invention : life-changing ideas by remarkable women. ISBN 978-0-7858-3500-4. OCLC 1039923917. 
  4. 4,0 4,1 Jakob Whitfield,. "Beatrice Shilling". Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  5. Lumsden, 2003, páx. 32.
  6. John de Kruif (24 de marzo de 2010). "Beatrice Shilling". Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  7. Roger Dunbar (6 de outubro de 2011). ""ELVA Jottings #2" (agosto 2006)". Elva.com. 
  8. "Beatrice's Brooklands Badges sold". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Lumsden, Alec. British Piston Engines and their Aircraft. Marlborough, Wiltshire: Airlife Publishing, 2003. ISBN 1-85310-294-6 .
  • Freudenberg, Matthew (2003). Negative Gravity, the Life of Beatrice Shilling. Charlton Publications. ISBN 0-9546165-0-2. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]