Batalla de Espinosa de los Monteros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Batalla de Espinosa de los Monteros foi librada o 10 e 11 de novembro de 1808, nas proximidades da localidade homónima burgalesa nos Montes Cantábricos, na que as tropas napoleónicas ao mando do xeneral Victor obtiveron a vitoria contra o tenente xeneral Joaquín Blake, xefe do Exército da Galiza.

Desenvolvemento da batalla[editar | editar a fonte]

No primeiro día de combate, Victor, buscando unha vitoria fácil que borrase a súa humillación en Valmaseda, lanzou unha serie de ataques sen sentido que foron repelidos con fortes perdas polos disciplinados soldados regulares do xeneral marqués de la Romana. No serán, as posición de Blake aínda se mantiñan. Na mañá do 11 de novembro, Victor retomou as súas posicións e coordinou un ataque francés masivo que furou a áa esquerda de Blake e varreu as tropas galegas fora do campo de batalla. Os franceses capturaron un total de 30 cañóns e outras trinta bandeiras.

Aínda que non foi, en si, unha derrota decisiva, para a desesperanzada confusión do esfarrapado exército español, que carecía dun goberno e unha estrutura de mando coordinada, a batalla de Espinosa marcou o golpe de morte para o Exército da Galiza que mandaba Blake. Aínda con todo foi capaz de retirar cara ao oeste, con orde, o que quedaba das súas tropas a través das montañas, escapando da persecución napoleónica do mariscal Soult. Cando chegou a León, o 23 de novembro de 1808, aínda contaba con 10.000 homes baixo o seu mando. Tres días despois, Blake traspasou o mando das súas tropas ao marqués de la Romana.