Batalla de Valmaseda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parte de Guerra da Independencia española
Data
Lugar
Resultado

A batalla de Valmaseda tivo lugar o 6 de novembro de 1808[1], na localidade homófona, durante a retirada de Cantabria do Exército de Galiza, comandado polo tenente xeneral Blake, contra forzas francesas, superiores en número, que conducía o xeneral Victor. Blake logrou unha pequena vitoria.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Logo de recibir o reforzo das tropas veteranas da "División do Norte", acabadas de chegar de Dinamarca, que estaban ao mando do marqués de la Romana, Blake decidiu facer fronte ao exército napoleónico que o perseguía.

A derrota francesa foi a consecuencia da desgraciada iniciativa do mariscal Lefebvre na anterior batalla de Durango, que permitira que Blake escapase co seu exército practicamente intacto. Outros erros derivaron da maneira de efectuar a persecución, especialmente cando Victor cometeu a lixeireza de deixar que as súas tropas se desperdigasen na busca dun inimigo que considerou que xa estaba batido. Isto permitiu a Blake atraer os franceses cara a unha trampa.

Desenvolvemento da batalla[editar | editar a fonte]

O 15 de novembro a división do xeneral Vilatte, que operaba por diante do resto das formacións galas, caeu nunha emboscada.

Aínda que os seus xefes cometesen bos erros, os soldados franceses, tallados nunha disciplina de ferro, non fallaron. Vilatte, refusando renderse, dispuxo as súas tropas en cadros e conseguiu escapar do cerco no que caíra. Con todo os españois fixeron aínda 300 prisioneiros e máis se apoderaron dunha peza de artillaría.[1]

Balance[editar | editar a fonte]

Amolado ao saber o que a súa Grande Armée sufrira, o que en realidade non era máis que unha derrota menor ante un exército de bandidos dirixido por frades, Napoleón reprendeu severamente a Victor pola súa imprudencia. Porén Victor vingouse seis días máis tarde cando derrotou a Blake en Espinosa de los Monteros.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Cayuela Fernández, José Gregorio; Gallego Palomares, José Ángel (2008). La Guerra de la Independencia. Historia bélica, pueblo y nación en España (1808-1814). Salamanca: Ediciones Universidad de Salamanca. p. 163. ISBN 978-84-7800-334-1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]