Batalla de Somosierra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carga da cabalaría polaca. Óleo sobre tea de Janvier Suchodolski, 1875

Na batalla de Somosierra (30 de novembro de 1808) unha escasa forza militar española non poido impedir a captura de Madrid por parte de Napoleón Bonaparte. Tivo lugar no paso de Somosierra, na serra de Guadarrama, a uns 60 km ao Norte de Madrid, durante a Guerra da Independencia española. No seu transcurso ocorreu a famosa carga da cabalaría polaca conducida por Jan Kozietulski.

Situación anterior á batalla[editar | editar a fonte]

A fins de novembro de 1808, a esmagante superioridade das tropas francesas desbordara e destruíra as dúas áas do exército popular español. Para asegurar a reconquista de España, o mesmo Napoleón avanzou cara Madrid con 45.000 homes da súa Grande Armée.

Para defender a capital, o xeneral Benito de San Juan congregou un exército de milicianos, reservistas e máis soldados regulares de diversos rexementos, aínda non de todo recuperados de derrotas precedentes, até un total de 20.000 homes. Ante a necesidade de cubrir innúmeras vías de acceso á cidade, San Juan veuse obrigado a dispersar os seus homes, xa ben inferiores en número. Por orden súa, uns 9.000 foron enviados ao Oeste para gardar os pasos da serra de Guadarrama, mentres 3.500 ocupaban unha posición avanzada en Sepúlveda, deixando tan só 9.000 homes e 16 cañóns nas alturas de Somosierra.

O paso de Somosierra[editar | editar a fonte]

A natureza do terreo e a tenacidade dos españois obrou en favor destes en principio. Na tarde do 29 de novembro, a brigada apostada en Sepúlveda rexeitou un ataque francés, inflixíndolles graves perdas, escapando da asfixiante superioridade numérica dos franceses aproveitando a caída da noite. Napoleón fixo avanzar a súa infantería directamente cara o porto da montaña, mentres destacamentos menores progresaban camuflándose polos flancos. Intercambiando slvas de mosquetes cos defensores, os franceses realizaron lentos pero sensíbeis progresos cara os cañóns inimigos.

As cargas da cabalaría polaca[editar | editar a fonte]

Como as forzas españolas non podían ser doadamente atacados polos flancos con a infantería, e dado que Naoleón estaba impaciente por acabar, dou orde á súa brigada de cabalería lixeira polaca para que cargase contra os españois e as súas baterías de artillería. Esta decisión, da que se pode discutir o seu carácter despiadado e imprudente, ten sido obxecto de amplas controversias históricas.

Tan só algúns do xenetes poideron atinxir a última batería, que foi defendida polos españois. Entón Napoleón escollendo a oportunidade que se lle oferecía, lanzou o resto dos escuadróns.

A primeira carga foi conducida por Jan Kozietulski, pero perdeu a súa cabalgadura ao tomar a primeira batería. Foi entón cando o tenente Andrzej Niegolewski, que estaba de recoñecemento cos seus homes se lles xuntou. A carga foi continuada sob o mando de Dziewanowski, e cando este caíu do cabalo logo de ser tomada a terceira batería, por Wincenty Krasiński. A carga contra a última batería foi mandada por Niegolewski, que sobrevivíu case de milagre, cando os españois atacaron as pezas e as recobraron.

A segunda carga foi conducidas por Tomasz Łubieński, que tentou de quedarse con toda a gloria, probando a minimizar o appel do terceiro escuadrón (mentres Niegolewski tencioou demostrar que fora el quen tomara os cañóns).

Resultados dos ataques da cabalaría[editar | editar a fonte]

Os oficias franceses tentaron a quitar importancia ás cargas polacas, pretendendo que todo o éxito debía ser atribuído á infantería francesa do xeneral François Ruffin. Mais o 13º boletín da Grande Armée mencionna o papel determinante dos xenetes polacos. Hai que subliñar que a primeira carga foi capaz de librar as catro baterías (mesmo aínda que o éxito fose temporal e tendo en conta que a última das baterías foi reconquistada con rapidez polos españois), pois permitíu que a infantería francesa progresase no seu ataque; a segunda carga retomou a última batería e provocou o repregamento multitudinario da milicia española de Andalucía, que provocou a derrota de todo o seu exército.

É de lembrar que os artilleiros españois deron probas de valentía excepcional e preferiron morrer antes que abandonar as súas posicións. Mais nengunha das relacións polacas menciona un eventual combate con a milicia española. Os milicianos deixaron as súas posicións ao veren o fácil que parecía que os polacos tomasen as posicións artilleiras. Entre a néboa non poideron aprezar que os polacos eran en realidade pouco numerosos.

Consecuencias da batalla[editar | editar a fonte]

O xeneral San Juan repregou o seu exército para Madrid. As patrullas francesas de avanzada alcanzaron os arredores de Madrid o 1 de decembro. San Juan tentou, sen convición, defender a capital. O 4 de decembro, un bombardeo de artillaría, devastador, deixou a defensa española malparada. San Juan capitulou cos seus 2.500 soldados regulares, mentres os 20.000 civís erolados sob as súas bandeiras dispersáronse. Os franceses entraban en Madrid por segunda vez no mesmo ano.