Vercinxetórix
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vercinxetórix, nado no 72 ane e finado en Roma no 46 ane, era o xefe da tribo gala dos arvernos (situados na actual Auvernia) cando se produciu a invasión das Galias por parte das tropas romanas.
[editar] Traxectoria
O nome celta Vercinxetórix está composto polo radical ver (o máis), o nome de persoa Cinxetos, e o radical rix (rei), significado Cinxetos Rei Supremo. A historia contada por Xulio César di que federou aos pobos galos e aos seus xefes para levar a cabo a resistencia contra os romanos, sendo un dos primeiros xefes en lograr unificar a maioría do pobo galo. Non obstante, tras a derrota fatal da batalla de Alesia, non deu expulsado os exércitos romanos, capitulando finalmente no 52 ane.