Bangka
| Bangka | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | |
| País | Indonesia |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2004) | 789.809 hab. |
| Superficie | 11.910 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 2°15′S 106°00′E / 2.25°S 106°E |
| Maior Altura | 700 m. |
| Localización | |
Bangka é unha illa situada fronte á costa sueste de Sumatra, en Indonesia. Ten 11.910 km² e 789.809 habitantes (2003), a maioría da poboación é chinesa, historicamente traballadores nas minas de estano.
Hai unha pequena illa adicional chamada Pulau Bangka no norte das Célebes, Indonesia.
Índice |
Xeografía [editar]
Separada de Sumatra polo estreito de Bangka, ao norte limita co Mar da China Meridional, ao leste coa illa de Belitung a través do estreito Gaspar e ao sur co Mar de Xava. A principal cidade da illa e capital da provincia de Bangka-Belitung é Pangkalpinang. Sungailiat é a segunda cidade máis grande da illa de Bangka. Muntok é o porto principal no oeste. A cidade mais importante na rexión meridional é Toboali, Koba un importante centro mineiro de estano, tamén situada na párte sur da illa, e Belinyu unha cidade famosa polos seus produtos do mar. Hai 4 portos de mar en Bangka, Muntok no afastado oeste, Belinyu no extremo norte, Sadai no extremo sur, e Pangkal Balam é o máis próximo a Pangkal Pinang.
A maioría das zonas xeográficas da illa están formadas por chairas baixas, pantanos, pequenos outeiros, praias, campos de pementa branca e explotacións mineiras de estano.
Economía [editar]
Desde 1710, Bangka foi un dos principais centros de produción do mundo de estano. A produción de estano é un monopolio do goberno de Indonesia, é a máis grande fundición de estaño en Muntok. A Pementa tamén se produce na illa.
Demografía [editar]
A maioría dos habitantes son malaios e Chineses, na súa maioría Hakka. A poboación divídese entre aqueles que traballan nas minas de estano, plantacións de aceite de palma, as plantacións de caucho, pescadores e aqueles que traballan nas granxas de pementa.
Historia [editar]
Bangka foi cedida a Gran Bretaña polo sultán de Palembang en 1812, pero en 1814 intercambiouse cos Países Baixos por Cochin na India. A illa foi ocupada polo Xapón desde Febreiro de 1942 a agosto de 1945. Converteuse en parte da Indonesia independente en 1949. A illa, xunto coa veciña Belitung, formaba parte da provincia de Sumatra do Sur (Sumatera Selatan), pero en 2000 as dúas illas convertéronse na nova provincia de Bangka-Belitung. Bangka é famosa por outros dous acontecementos, a masacre da illade Bangka de enfermeiras australianas polos xaponese na Segunda Guerra Mundial e como é tratada no libro "Lord Jim" de Joseph Conrad.