Balneário Camboriú
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|
|||
| Estado | Santa Catarina | ||
| Superficie | 46,5 km² | ||
| Poboación Densidade |
100 000 (2006) | ||
| Altitude | 18 m sobre o nivel do mar | ||
| Latitude | 26º59'26" S | ||
| Lonxitude | 48º38'05" O | ||
| Distancia de Florianópolis | 92 Km | ||
| Código postal (CEP) | 88330-000 | ||
| Administración local: | Prefeitura Municipal de Balneário Camboriú- Pça Papa João Paulo I, 320 | ||
| Internet: | http://www.camboriu.sc.gov.br | ||
| Alcalde (Prefeito) | Rubens Spernau | ||
| Localización da cidade en Santa Catarina | |||
|---|---|---|---|
Balneário Camboriú é unha cidade costeira do estado brasileiro de Santa Catarina. É un destino turístico imporante para os habitantes dos países veciños, principalmente arxentinos, pero tamén uruguaios e paraguaios, así como por brasileiros dos estados do sur. É considerada a praia dos arxentinos no Brasil e, por conta deste fluxo de turistas de lingua castelá, moitos establecimentos publican anuncios en castelán ademais do portugués.
A máis importante actividade económica é o turismo, pero tamén a construción civil, o mercado inmobiliario e o comercio e os servizos, que se benefician do gran movemento de turistas e de veraneantes que teñen inmobles na cidade.