Mero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Baldomero Iglesias Dobarrio»)
Mero
Nacemento27 de xuño de 1951
 Vilalba
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
XénerosPoesía
EstudosMaxisterio
Na rede
AELG: 273
editar datos en Wikidata ]

Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio, coñecido artisticamente como Mero, nado en Vilalba o 27 de xuño de 1951, é un profesor, cantante e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Titulado en Maxisterio. Formou parte da banda Fuxan os Ventos dende a súa fundación en 1972 até 1983 para despois, en 1984, xunto co seu compañeiro Xosé Luís Rivas Cruz (Mini), formar A Quenlla. No ano 2007 cedeu, canda a "Mini", as recollas de cantos, bailes, lendas e refráns recompiladas ao longo da súa traxectoria, ao museo do pobo galego.[1] Todo este repertorio foi dixitalizado e posto a disposición dos interesados no patrimonio oral galego.[2] No 2018 anunciou a disolución do dúo A Quenlla debido a diferenzas persoais con Mini.[3]

No 2023 publica '50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío' (ISBN: 978-84-9151-975-1 ), dando a súa versión persoal sobre a historia do grupo.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Memorias[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dispostas para cantare". Folque. 2017-10-17. Consultado o 2021-01-25. 
  2. "Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego - Arquivo Dixital do Museo do Pobo Galego". apoi.museodopobo.gal. Consultado o 2021-01-25. 
  3. "Mini e Mero din adeus: sepáranse “por diferenzas persoais”". Nós Diario. Consultado o 2021-03-25. 
  4. "50 aniversario Fuxan os Ventos. Quixo o paxaro pousar na póla o seu chío". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-10-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]