BM Altea
| Nome do club | Club Balonmano Altea | ||
| Fundado | 1974 | ||
| Desaparición | 2008 | ||
| Pavillón | Polideportivo Garganes, Pontevedra |
||
| Capacidade | 1.200 | ||
| Presidente | |||
| Entrenador | |||
| Liga | Liga ASOBAL | ||
| 2006-07 | 13º (Liga ASOBAL) | ||
| Equipacións |
|
O Club Balonmano Altea foi un equipo de balonmán da localidade de Altea, Alacant (España). Logo de 34 anos de historia desapareceu en agosto do 2008 debido á imposibilidade de atopar unha xunta directiva que afrontara a débeda económica acumulada polo club.[1]
Nas nove tempadas que o equipo alacantino competiu na Liga ASOBAL (a máxima categoría do balonmán español), o seu mellor resultado foi o cuarto posto da tempada 2002-03. Tamén conseguíu chegar en dúas ocasións ás semifinais da Copa do Rei nas tempadas 2001-02 e 2002-03. Nas competicións europeas hai que salientar o subcampionato da Copa EHF na tempada 2003-04, cando caeu na final fronte ao equipo alemán do THW Kiel. Na tempada 2002-03 conseguira chegar ata as semifinais na terceira competición continental.
A última tempada da súa existencia militou no Grupo C da Primera División Estatal ocupando a praza que conseguira a tempada 2006-07 o seu filial, tras ter renunciado á súa praza na liga ASOBAL por motivos económicos.[2]
Trala súa desaparición acordouse a creación dun novo club como solución para integrar aos equipos alteanos, o Handbol Esportiu Altea presidido por Toni Fuster, que comezaría a competir na categoría provincial.