Axilulfo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axilulfo (ou Agilulph ou aínda Agholphe) foi un rei longobardo de Italia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do duque longobardo de Turín Ansvaldo, foi proclamado rei en Milán en maio de 591, sucedendo ao rei Autario coa viúva do cal casa segundo a tradición longobarda: a raíña católica Teodelinda. O seu longo reinado estivo marcado por unha tregua co Papado en 598, poñendo fin provisionalmente a 30 anos de terror longobardo. Consolida o seu poder e o dominio longobardo no seu reino, mantén boas relacións cos francos e os baiuvarios, combate en van aos ávaros e as tribos eslavas e asina unha tregua co emperador bizantino Mauricio (598). En 603, seguramente influenciado pola súa muller, abandona o arianismo longobardo e convértese ao catolicismo, facendo bautizar ao seu xove fillo Adaloaldo. O mesmo ano, o emperador bizantino Focas recoñece o seu poder. Morre despois de de 25 anos de reinado, no ano 616, designando a Adaloaldo, aínda adolescente, como sucesor.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Reino longobardo

Segue a:
Autario
Axilulfo
Precede a:
Adaloaldo