Aurora polar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Aurora austral")
Aurora boreal en Alaska

Unha aurora polar (que pode ser austral ou boreal) prodúcese cando unha exección de masa solar choca cos polos norte e sur da magnetosfera terrestre, producindo unha luz difusa pero predominante proxectada na ionosfera terrestre, composta de partículas protónicas que difunden a cor.

Como podemos observar na fotografía as auroras boreais non sempre son da mesma cor, dependen da oblicuidade con que choquen as partículas solares contra un polo.

Sen unha magnetosfera decente estes megatóns de partículas producirían grandes danos e un aumento da temperatura.

O ser humano sentiríase inseguro xa que poden ser mortais. Unha proba diso é que cada vez que se produce unha exección de masa solar, os satélites SOHO e ACE, ó localizarse fóra da magnetosfera quedan danados.

Mecanismo[editar | editar a fonte]

A aurora aparece tipicamente tanto como un brillo difuso canto como unha cortina estendida en sentido horizontal. Algunhas veces formanse arcos que poden mudar de forma constantemente. Cada cortina consiste de varios raios paralelos e aliñados na dirección das liñas do campo magnético, suxerindo que o fenómeno no noso planeta está aliñado co campo magnético terrestre. Do mesmo xeito a xuntanza de diversos fatores pode levar á formación de liñas aurorais de tonalidades de cores específicas.

Aurora austral rexistrada ás 22:50 (hora local) en Lakes Entrance, Victoria, Australia
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aurora boreal