Asubiote
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O asubiote (Ocimum basilicum) é unha planta da familia das lamiáceas.
Cultivada para aromaticar e para condimentar, é unha planta pequena (20-60 cm), con follas verdes e oblongas de entre 1'5 e 5 cm. O asubiote é moi sensible ás xeadas. Moi usada na cociña mediterránea, en pequenas cantidades, xa que pode ser velenoso de consumirmos moita cantidade. É a base do pesto, o famoso prebe italiano de orixe xenovesa.
Outras fontes asignan este nome galego a especies diferentes:
- Silene latifolia (Gran diccionario Xerais da lingua)
- Conium maculatum (Gran diccionario Xerais da lingua)
- Silene alba (Miller) EHL Krause (Nomenclatura vernácula da flora vascular galega)
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa botánica que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |