Asterisk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asterisk  Asterisk
Home rix.jpg
Asterisk 1.4.0
Desenvolvedor: Digium
Última versión: 1.4.21 (12 de xuño de 2008)
Sistema operativo: Multiplataforma
Xénero: PBX
Licenza: GPL
En galego: Non
Sitio web: www.asterisk.org

Asterisk é unha implementanción de software libre e código aberto dunha centralita telefónica (PBX). Como calquera PBX, permite a unha extensión chamar a outras, e conectarse a outros servizos telefónicos como á rede telefónica internacional (RTC). O seu nome proven do asterisco, Asterisk en inglés, que en entornos Unix e DOS representa un comodín, sustituindo a calquera secuencia de caracteres no nome dun ficheiro.

Índice

[editar] Licenza

Asterisk está publicado baixo unha licenza dual, a licenza libre GNU General Public License (GPL), e a comercial que permite a inclusión de código patentado ou pechado, como a extensión G.729 que permite ao sistema traballar con G729. Mark Spencer de Digium foi o creador de Asterisk e continua sendo o mantedor principal, aínda que ducias de programadores teñen contribuido no desenvolvemento do programa. Orixinalmente deseñado para sistemas operativos Linux, actualmente pode executarse Asterisk en sistemas OpenBSD, FreeBSD, Mac OS X, Sun Solaris, e Microsoft Windows, aínda que a plataforma "nativa", Linux, continua sendo a mellor soportada.

[editar] Características

O software básico de Asterisk inclúe varias características que previamente só estaban dispoñibles en caros sistemas propietarios de PBX -- buzón de voz, conferencias, buzóns interactivos automáticos, e distribución automática de chamadas. Os usuarios poden crear novas funcionalidades escribindo scripts na linguaxe propia de Asterisk, engadindo módulos personalizados escritos en C, ou escribindo scripts usando a interface de Asterisk en Perl ou outras linguaxes.

Para engadir teléfonos tradicionais a un servidor Linux executando Asterisk, ou para conectarse á rede telefónica tradicional, o servidor debe estar equipado cun hardware especial. Varias empresas venden tarxetas PCI que permiten conectar teléfonos, liñas telefónicas, liñas E1 e T1, e outros servizos analóxicos e dixitais a un servidor.

Asterisk tamén soporta un amplo rango de protocolos VoIP, incluíndo SIP, MGCP e H.323. Asterisk pode traballar coa maioría dos teléfonos SIP. Os desenroladores de Asterisk tamén deseñaron un novo protocolo, Inter-Asterisk eXchange (IAX2), para distribuir chamadas entre centralitas Asterisk, e a proveedores de Voz sobre IP que o soporten. Algúns teléfonos soportan o protocolo IAX2 para comunicarse directamente co servidor Asterisk.

Ao soportar tanto servizos de telefonía tradicional como VoIP, Asterisk permite aos usuarios migrar paulatinamente os sistemas existentes cara as novas tecnoloxías. Algunhas empresas están implantando Asterisk para substituír vellas centralitas telefónicas; outras para proporcionar novos servizos como buzóns de voz ou menús telefónicos, ou para reducir custos utilizando Internet para as chamadas de longa distancia.

As compañías proveedoras de sistemas VoIP están comezando a soportar Asterisk[1]; algunhas ofrecen IAX2 ou direccionamento SIP cara a unha centralita Asterisk como alternativa a instalar no cliente un Adaptador de Telefonía Analóxica (ATA).

[editar] Historia

Asterisk foi desenrolada por Mark Spencer, por aquel entón estudante de enxeñería informática na Universidade de Auburn, Alabama. Mark creara en 1999 a empresa Linux Support Services, que daba soporte a usuarios Linux. Para iso necesitaba unha centralita telefónica, pero ante a imposibilidade de mercar unha, dados os seus elevados prezos, decidiu construir a súa propia centralita con un PC baixo Linux, usando a linguaxe C.

Posteriormente Linux Support Services convertitiríase no ano 2002 en Digium, redirixindo os seus obxetivos ao desenvolvemento e soporte de Asterisk.

Asterisk foi unha das primeiras implantacións de centralitas telefónicas con software libre, das que agora hai moitas[2].

[editar] Desenvolvemento do proxecto

O modelo de desenvolvemento apoiase no uso do sistema de control de versións Subversion e no procedemento de informe de erros denominado Asterisk Bug Tracker. Este último conta á súa vez cun sistema de méritos, denominado Karma, no que aparecen os colaboradores nun ránking, de acordo cunha puntuación (positiva ou negativa) outorgada ás achegas realizadas.

Ademais empréganse as habituais ferramentas deste tipo de proxetos, como listas de correo, IRC, ou documentación en liña.

[editar] Estrutura organizativa

Mark Spencer é o organizador e principal desenvolvedor, apoiado por un grupo de colaboradores que reciben o nome de "administradores". Os administradores realizan principalmente llabores de programación e control do software xerado. Existe tamén un amplo grupo de programadores, chamados "managers", que poden achegar solucións a erros documentados ou crear novas funcionalidades. Por último están os denominados "reporters", todos aqueles colaboradores que realizan informes sobre os erros detectados.

Toda nova funcionalidade é probada exhaustivamente antes de formar parte do repositorio do sistema de control de versións e debe contar finalmente co visto bó dos responsabeis dos repositorios, de acordo a criterios de oportunidade, prioridade ou importancia da nova funcionalidade proposta.

[editar] Industria relacionada

Existen moitas empresas relacionadas con Asterisk. A maior parte delas seguindo un dos modelos de negocio máis habituais do software libre, como é o de achegar valor engadido ao software, neste caso mediante o deseño, instalación, formación e mantemento de centralistas telefónicas baseadas en Asterisk.

Digium, a empresa creada por Mark Spencer, amplía este modelo de negocio tanto coa venda de hardware específico, fundamentalmente tarxetas de comunicación, como coa venda de software propietario, entre o que destaca o Asterisk Business Edition, aplicación baseada en Asterisk á que se lle incorporan certas funcionalidades con copyright.

[editar] Estrutura do programa

Asterisk, por si mesmo, non é un sistema completo. O administrador debe crear un plan de chamadas para que Asterisk responda aos usuarios. Si Asterisk vai ser usado como un PBX, ten que ser creado un plan de chamada especificamente para este propósito.

[editar] Configuración

Asterisk é controlado editando unha serie de arquivos de configuración. Un deles, extensions.conf, é o arquivo no que o administrador define que accións levará a cabo Asterisk cando as chamadas sexan recibidas. Unha linguaxe nativa é empregada para definir o contexto, as extensións e as accións. A programación tamén pode ser feita usando a interface AGI que permite programar en linguaxes como Perl, PHP, ou C.

Existen varias interfaces de usuario para Asterisk, sendo unha das máis populares FreePBX. Estas interfaces permiten aos administradores ver, editar, e cambiar a maioría das características de Asterisk a través dunha interfaz web.

[editar] Partes do sistema

A versión estábel de Asterisk está composta polos módulos seguintes:

  • Asterisk: Ficheiros base do proxecto.
  • Zaptel: Soporte para hardware. Drivers de tarxetas.
  • Addons: Complementos i engadidos do paquete Asterisk. Opcional.
  • Libpri: Soporte para conexións dixitais. Opcional.
  • Sounds: Aporta sonidos e frases en diferentes idiomas.

[editar] Distribucións

Existen varias distribucións de Asterisk, normalmente incluidas nun sistema operativo. Algunhas son completamente libres, e outras comerciais.

[editar] Notas

  1. Voip-Info (2008-01-27) IAX Carriers (inglés). Consultado o 2008-06-26.
  2. VoIP Now (16/04/2007) 74 Open Source VoIP Apps & Resources. Consultado o 26/06/2008.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

[editar] Distribucións

  • AsteriskNOW, distribución Linux que inclúe Asterisk, unha GUI, e software relacionado. (inglés)
  • Trixbox, distribución Linux que inclúe Asterisk, unha GUI, e software relacionado. (inglés)

[editar] Empresas

  • Digium, empresa que nace a partir da creación de Asterisk. (inglés)
  • Quobis, empresa galega especializada en solucións profesionais con Asterisk.
  • Conexiona Telecom, empresa galega especializada en solucións profesionais con Asterisk (consultoría e instalación), reseller autorizado de Digium pra galiza.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas